Chick Corea
| Profesión: | pianista, tecladista e compositor de jazz |
|---|---|
| País: | |
| Nado en: | 12 de xuño de 1941 |
| Lugar de nacemento: | Chelsea, Massachusetts, Estados Unidos |
Armando Anthony "Chick" Corea (n. en 1941) é un pianista, tecladista e compositor estadounidense. Os seus xéneros musicais son o jazz e as súas variantes, como o post bop e o contemporáneo.
É coñecido por seus traballos co xénero jazz fusion na década de 1970. Foi membro da banda de Miles Davis na década de 1960 e en 1970 formou o grupo Return to Forever. Tamén é promotor da Cientoloxía.
Nado en Chelsea, Massachusetts, descende de pai italiano e nai española. Seu pai, Armando, foi trompetista e líder dunha banda de Dixieland na rexión de Boston nas décadas de 1930 e 1940, e presentoulle o piano coa idade de catro anos. Crecendo cercado da música do jazz, Chick Corea recibiu influencias de Dizzy Gillespie, Charlie Parker, Bud Powell, Horace Silver e Lester Young. Aos oito anos de idade, Chick Corea aprendeu a tocar o tambor, feito que influenciou o seu posterior uso do piano como instrumento de percusión.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Chick Corea no Acid Jazz Hispano (en castelán).