Portal:Andalucía/Cabezallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Andalucía é unha comunidade autónoma de España, con estatus de nacionalidade histórica, de acordo co seu Estatuto de Autonomía. Está composta polas provincias de Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Jaén, Málaga e Sevilla. A súa capital e cidade máis poboada é Sevilla, ciudad recoñecida polo Estatuto de Autonomía como sede da Junta de Andalucía. A sede do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía encóntrase na cidade de Granada.

É a comunidade autónoma más poboada de España (8.411.207 habitantes a 1 de enero de 2016) e a segunda máis extensa. Encóntrase situada ao sur da península Ibérica; limitando ao oeste con Portugal, ao norte coas comunidades autónomas de Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao sur co océano Atlántico, o mar Mediterráneo e Xibraltar. A través do estreito de Xibraltar, separado por 14 km na súa parte máis estreita, encóntranse Marrocos e Ceuta no continente africano.

Dende o punto de vista xeográfico, podemos distinguir tres grandes áreas ambientais, conformadas pola interacción dos distintos factores físicos que inciden sobre o medio natural: Serra Morena –que separa Andalucía da Meseta–, os Sistemas Béticos e a Depresión Bética que individualizan a Alta Andalucía da Baixa Andalucía.

La historia e a cultura de Andalucía son o resultado dun complexo proceso no que se fusionaron ao longo do tempo diferentes pobos e culturas, así como diferentes realidades socioeconómicas e políticas. A pesar da contemporaneidade da formación do Estado Autonómico Andaluz, non se pode esquecer a impronta que deixaron no actual territorio andaluz pobos como o ibero, o fenicio, o cartaxinés, o romano, o bizantino, o andalusí ou o castelán.