Junta de Andalucía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O palacio de San Telmo, sede da Presidencia da Junta de Andalucía

A Junta de Andalucía é a institución na que se organiza o goberno da Comunidade Autónoma de Andalucía. Está integrada polo Parlamento de Andalucía, a Presidencia da Junta de Andalucía e polo Consello de Goberno da Junta de Andalucía.

Os presupostos do ano 2010 ascenden a 33.737.7 millóns de euros[1] e posúe máis de 200.000 empregados directos.

No 2010, o Presidente da Junta de Andalucía é José Antonio Griñán, pertencente ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Na Junta goberna o PSOE desde a creación da primeira junta preautonómica o 27 de maio de 1978, cando Plácido Fernández Viagas chegou a presidencia en detrimento de Jaime García Añoveros, de UCD. A presencia do PSOE na presidencia é polo tanto anterior á autonomía de Andalucía e esténdese ao longo de 32 anos e 6 presidencias distintas.

Segundo os últimos barómetros de opinión pública en Andalucía (2009), a intención de voto entre os dous principais partidos españois está bastante nivelada cun 43,2% de votos para o Partido Popular fronte ao 41,6% do PSOE.[2]

Índice

Símbolo [editar]

Logo da Junta de Andalucía

Símbolo xenérico da Junta de Andalucía
O símbolo xenérico é unha síntese do escudo, con atributos de modernidade e dinamismo. Contén de xeito sintético, os elementos que definen o escudo de Andalucía:

  • A Bandeira en forma de arco de medio punto, expándese converténdose en ondas que se proxectan cara o exterior.
  • Hércules concentrase nun triángulo, figura estética, que como un compás apunta ao norte.

Con esta simboloxía representase a nova Andalucía de progreso, en movemento e en comunicación directa cos cidadáns, estando tamén presente nos Organismos, Entidades e Empresas Públicas que xestiona ou nos que participa, así como no patrimonio que mantén, facendo patente a súa acción de goberno.[3]

Institucións [editar]

Parlamento [editar]

Edificio do Hospital de las Cinco Llagas, sede del Parlamento de Andalucía.
Artigo principal: Parlamento de Andalucía.

O Parlamento de Andalucía é Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma, á quen corresponde a elaboración e aprobación das Leis e a elección e cese do Presidente da Junta de Andalucía. Está composto por deputados elixidos mediante sufraxio universal directo, os cales representan ao pobo andaluz.[4] O Parlamento de Andalucía constituíuse por primeira vez no 1982, tras a aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981. A actual sede está no antigo Hospital de las Cinco Llagas en Sevilla.

Presidente [editar]

O Presidente da Junta de Andalucía é o supremo representante da Comunidade Autónoma e o representante ordinario do Estado na mesma; a súa elección ten lugar polo voto favorable da maioría absoluta do Pleno do Parlamento de Andalucía e o seu nomeamento correspóndelle ó rei.

Consejo de Gobierno [editar]

O Consejo de Gobierno é o órgano político e administrativo superior da Comunidade, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desenvolvemento da función executiva e administrativa da Junta de Andalucía. Está composto polo Presidente da Junta de Andalucía, quen o preside, e polos Consejeros nomeados por el para facerse cargo das diversas Consejerías.

Reúnense habitualmente os martes de todas as semanas. [5]

Consejerías [editar]

Na lexislatura (2008-2012) a Junta de Andalucía está composta por as seguintes 13 Consejerías, ordeadas por prelación:[6]

O primeiro Consejo de Gobierno formouse o 24 de abril do 2009 tras a dimisión do anterior presidente da Junta.

Bandera de Andalucía  Composición do Consello de Goberno da Junta de Andalucía - VIII Lexislatura  Flag of Andalucía.svg
Consellería Conselleiro Competencias
Presidente da Junta de Andalucía José Antonio Griñán Martínez
Consejería de la Presidencia
María del Mar Moreno Ruiz Asistencia política, técnica e xurídica do Presidente e do Goberno, protocolo, xestión económica da Presidencia, comunicación, BOJA[7]
Consejería de Gobernación y Justicia
Luis Pizarro Medina Coordinación da acción do Consejo en materia de seguridade e servizos de emerxencias, eleccións e consultas, espectáculos e actividades recreativas, voluntariado, drogodependencias, protección de animais[8]
Consejería de Hacienda y Administración Pública
Carmen Martínez Aguayo Política económica e financeira, programación, seguimento, avaliación, coordinación e verificación das actuacións de contido económico e financeiro, entre estas os Presupostos da Junta[9]
Consejería de Educación
Francisco Álvarez de la Chica Educación infantil, primaria e secundaria, formación profesional[10]
Consejería de Economía, Innovación y Ciencia
Antonio Ávila Cano Educación superior, investigación científica e innovación tecnolóxica, axuda ás empresas para I+D, sociedade da información, industria, enerxía, miñas, cooperativas, incentivos rexionais e tecnolóxicos, cooperación económica e desenvolvemento de mercados[11]
Consejería de Obras Públicas y Vivienda
Rosa Aguilar Rivero Obras públicas, infraestruturas e organización de transporte por estrada, ferroviario, marítimo e aéreo[12]
Consejería de Empleo
Manuel Recio Menéndez Relacións laborais, seguridade e sanidade no traballo, tutela do Servicio Andaluz de Empleo, políticas de autoemprego, rede de UTEDLT [13]
Consejería de Salud
María Jesús Montero Cuadrado Sanidade e hixiene pública, hospitais e consumo[14]
Consejería de Agricultura y Pesca
Clara Eugenia Aguilera García Agricultura, gandería, agroalimentación, desenvolvemento rural e pesca, acuicultura e investigación agropecuaria[15]
Consejería de Turismo, Comercio y Deporte
Luciano Alonso Alonso Planificación, promoción e desenvolvemento do turismo, comercio, artesanía e deporte[16]
Consejería para la Igualdad y Bienestar Social
Micaela Navarro Garzón Familia, terceira idade, discapacitados, integración social, prestacións non contributivas e asistencia social, igualdade de trato e oportunidades[17]
Consejería de Cultura
Paulino Plata Cánovas Arte e cultura, patrimonio histórico - bibliográfico - sonoro - imaxe, museos[18]
Consejería de Medio Ambiente
José Juan Díaz Trillo Protección do medio ambiente, auga, espazos naturais, vías pecuarias, montes públicos, cotos de caza e control cinegético[19]
Fuente: Junta de Andalucía

Defensor del Pueblo Andaluz [editar]

O Defensor del Pueblo Andaluz é unha institución cuxa misión principal é a protección e defensa en Andalucía dos Dereitos e Liberdades establecidos no primeiro título da Constitución española. Para isto ten a potestade de inspeccionar aos concellos, ás deputacións provinciais así coma á Junta de Andalucía. O Defensor del Pueblo Andaluz é elixido polo Parlamento de Andalucía para desenvolver as súas funcións durante cinco anos, período que pode renovado.

Consejo Consultivo [editar]

O Consejo Consultivo de Andalucía é o órgano superior consultivo do Consejo de Gobierno e da Administración de la Junta de Andalucía, incluídos os seus organismos. Así mesmo, é o órgano supremo de asesoramento das entidades locais e dos organismos e entes de dereito público das dependentes, así coma das universidades públicas andaluzas.[20]

Consejo Audiovisual de Andalucía [editar]

O Consejo Audiovisual é a autoridade audiovisual independente encargada de velar polo respecto dos dereitos, liberades e valores constitucionais e estatutarios nos medios audiovisuais, tanto públicos coma privados dentro de Andalucía, así coma do cumprimento da normativa vixente en materia audiovisual e de publicidade. [21]

Presidentes da Junta [editar]

Bandera de Andalucía  Lista de Presidentes da Junta de Andalucía desde 1978  
Período Presidente Observacións
Nome Partido
1978-1979 Plácido Fernández Viagas PSOE Junta Preautonómica[22] - Dimite en abril de 1979
1979-1982 Rafael Escuredo PSOE Junta Preautonómica
1982-1984 Rafael Escuredo PSOE I Lexislatura - Dimite o 17 de febreiro de 1984
1984-1986 José Rodríguez de la Borbolla PSOE I Lexislatura
1986-1990 José Rodríguez de la Borbolla PSOE II Lexislatura
1990-1994 Manuel Chaves PSOE III Lexislatura
1994-1996 Manuel Chaves PSOE IV Lexislatura
1996-2000 Manuel Chaves PSOE V Lexislatura
2000-2004 Manuel Chaves PSOE VI Legislatura
2004-2008 Manuel Chaves PSOE VII Lexislatura
2008-2009 Manuel Chaves PSOE VIII Lexislatura - Dimite o 7 de abril de 2009
2009 Gaspar Zarrías PSOE VIII En funcións
2009-2012 José Antonio Griñán PSOE VIII Lexislatura
2012-  ?? IX Lexislatura
Fonte: Junta de Andalucía

Notas [editar]

  1. Web da Junta de Andalucía, presupostos de 2010, os primeiros nos que se reduce o seu montante respecto do ano anterior
  2. http://www.elpais.com/articulo/espana/PP/supera/intencion/voto/PSOE/Andalucia/elpepuesp/20100115elpepunac_8/Tes%7CNoticia de El País onde se resumen as conclusións do Barómetro da opinión publica 2009
  3. Junta de Andalucía - Consejería de la Presidencia - Manual de identidad Corporativa
  4. «El Parlamento de Andalucía representa al pueblo andaluz», Estatuto de Autonomía de Andalucía, 2007, Título IV, Capítulo I, artículo 100. Fuente: Junta de Andalucía.
  5. http://www.juntadeandalucia.es/SP/JDA/CDA/Secciones/Consejo_de_Gobierno/JDA-CDA_Eleccion_Consejo/0,20323,2008,00
  6. http://www.juntadeandalucia.es/SP/JDA/CDA/Secciones/Consejerias/JDA-Intermedia;jsessionid=DFCF916AC8A5EA43272E8CC3196145D5
  7. Fuente: Consejería de la Presidencia.
  8. Fuente: Consejería de Gobernación.
  9. Fuente: Consejería de Economía y Hacienda.
  10. Fuente: Consejería de Educación.
  11. Fuente: Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa.
  12. Fuente: Consejería de Obras Públicas y Transportes.
  13. Fuente: Consejería de Empleo.
  14. Fuente: Consejería de Salud.
  15. Fuente: Consejería de Agricultura y Pesca.
  16. Fuente: Consejería de Turismo, Comercio y Deporte.
  17. Fuente: Consejería para la Igualdad y Bienestar Social.
  18. Fuente: Consejería de Cultura.
  19. Consejería de Medio Ambiente.
  20. Art. 129 del Estatuto de Autonomía de Andalucía
  21. Art. 131 del Estatuto de Autonomía de Andalucía
  22. Período preautonómico: Antes da adopción do Estatuto de Autonomía de Andalucía en outubro de 1981.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]