Pietro Mennea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPietro Mennea

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Pietro Paolo Mennea Editar o valor em Wikidata
28 de xuño de 1952 Editar o valor em Wikidata
Barletta, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 2013 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de páncreas Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério Flaminio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Eurodeputado
Representa: Força Itália (pt) Traducir

20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004

Circunscrición electoral: Italia

Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Bari (en) Traducir
Universidade de Salerno (pt) Traducir
Universidade de Chieti Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso73 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , velocista , político , atleta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor em Wikidata - 1988 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chieti Editar o valor em Wikidata
Partido políticoThe Democrats (en) Traducir
A Margarida Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivacorrida de velocidade (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1988Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1988 - 200 m masculino (pt) Traducir
1984Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 - 4 x 100 m estafetas masculino (pt) Traducir (4º)
1984Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 - 4 x 400 m estafetas masculino (pt) Traducir (5º)
1984Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 - 200 m masculino (pt) Traducir (7º)
1980Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980 - 4 x 400 m estafetas masculino (pt) Traducir (3º) (Medalla de bronce olímpica)
1980Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980 - 200 m masculino (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica)
1976Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 - 200 m masculino (pt) Traducir (4º)
1976Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 - 4 x 100 m estafetas masculino (pt) Traducir (6º)
3 de setembro de 1972Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972 - 200 m masculino (pt) Traducir (3º) (Medalla de bronce olímpica)
1972Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972 - 4 x 100 m estafetas masculino (pt) Traducir (8º) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpietromennea.it Editar o valor em Wikidata
IAAF: 14343034 Olympic.org: pietro-mennea Find a Grave: 107034960 Editar o valor em Wikidata

Pietro Paolo Mennea, nado en Barletta (Bari) o 28 de xuño de 1952 e finado o 21 de marzo de 2013, foi un velocista italiano, medalla olímpica en 1980 e posuidor do récord do mundo dos 200 metros lisos desde 1979 a 1996 (cunha marca de 19" 72).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mennea comezou a súa dilatada carreira atlética internacional no 1971, cando debuta nos Campionatos europeos cun terceiro posto nos relevos de 4x100 m. Fixo a súa estrea olímpica en Múnic, nos Xogos Olímpicos de 1972, na que acadou a final dos 200 m, especialidade na cal era moi forte. Logrou o terceiro posto, detrás do soviético Valery Borzov e o norteamericano Larry Black. Logo conseguiría estar noutras tres finais olímpicas na mesma especialidade.

Nos Campionatos europeos do 1974, Mennea obtén o ouro nos 200 m. diante do público paisano de Roma, e colocase segundo nos 100 m. (detrás de Borzov, un dos seus rivais históricos) e nos relevos de velocidade. Despois dalgunhas exhibicións desilusionantes, no 1976 Mennea decide renunciar aos Xogos Olímpicos, mais o público italiano protestou, e Mennea acudiu a Montreal. Foi quen de clasificarse para a final, porén veu como o ouro acababa nas mans do xamaicano Don Quarrie, mentres el acabou obtendo un algo inútil cuarto posto. O mesmo resultado acada nos relevos de 4x100, fallando por pouco para o bronce. No 1978, en Praga, defende con éxito o seu título europeo dos 200, pero mostrou os seus dotes para a distancia máis curta, na que esta vez vence.

No ano 1979, Mennea, estudante de Ciencias Políticas, participa nas competicións da Universíada, que se disputaban en México, cidade sita a grande altura sobre o nivel do mar. O tempo con que vence nos 200 m., 19"72, era o novo récord do mundo. Aínda que este récord durou 17 anos, estivo un tanto devaliado polo feito de ser obtido en altura elevada (máis debese notar que Mennea ostentou tamén o récord mundial a nivel do mar entre 1980 e 1983 con 19"96, tempo estabelecido na súa cidade natal, Barletta). O récord foi batido por Michael Johnson nos US Trials para os Xogos Olímpicos de 1996.

Como recorman mundial, Mennea era sen dúbida un dos favoritos para o ouro olímpico en Moscova, entre outras cousas polo boicot estadounidense aos Xogos Olímpicos de 1980. Na final dos 200, Mennea enfrontouse ao campión saínte Don Quarrie e máis ao campión dos 100 Allan Wells. Wells parecía dirixirse cara a unha vitoria nidia mais Mennea achegóuselle na recta e foi quen de sobrepasalo nos últimos metros, levando o ouro por 2 centésimas de segundo.

O 22 de marzo de 1983, na pista do Comunale de Cassino estabeleceu o récord mundial dos 150 metros lisos, con 14.8 segundos. Este récord, aínda con toma manual, continúa sen ser batido.

Mennea, alcumado a Frecha do Sur, anunciou a súa retirada, para ter máis tempo para estudar. Con todo tivo un trasacordo e obtivo a medalla de bronce nos 200 e máis a de prata nos relevos 4X100 na primeira edición dos Campionatos do mundo de atletismo en Helsinqui 1983. Un ano despois, competía na súa cuarta final olímpica consecutiva dos 200 m., sendo o primeiro atleta no mundo que lograba tal fazaña. Nesta ocasión, aínda que era o campión saínte, terminou no sétimo posto e, á fin, retirouse das competicións por segunda vez. Porén Mennea retornou e compareceu nos Xogos Olímpicos de 1988, a súa quinta Olimpíada, sempre nos 200 m.

Logo de graduarse en Dereito, Ciencias Políticas e Ciencias da Educación, exerceu a profesión de avogado e máis de profesor universitario de Dereito do Deporte. Foi elixido para o Parlamento Europeo en 1999.

No 2006 xunto a súa muller, Manuela Olivieri, creou a entidade Fondazione Pietro Mennea Onlus per la Ricerca e lo Sport, con obxectivos primeiramente de carácter filantrópico (doazóns de asistencia social e de investigación médico-científica); como obxectivo secundario, de carácter cultural, difundir o deporte e os seus valores. Pietro Mennea é citado na canción de Samuele Bersani "Che vita".