Penaeus monodon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Penaeus monodon
lagostino tigre
Penaeus monodon.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Dendrobranchiata
Familia: Penaeidae
Xénero: Penaeus
Especie: P. monodon
Nome binomial
Penaeus monodon
Fabricius, 1798 [1]
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Penaeus carinatus Dana, 1852
  • Penaeus tahitensis Heller, 1862
  • Penaeus coeruleus Stebbing, 1905
  • Penaeus bubulus Kubo, 1949

Penaeus monodon é unha especie de crustáceo decápodo mariño da familia dos peneidos, amplamente criado en acuicultura para a alimentación, e unha das coñecidas nos supermercados como lagostino tigre ou lagostino jumbo.

Máis de 900 000 t deste lagostino consúmense cada ano, dous terzos das cales proveñen da acuicultura, principlemente do sueste asiático.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie Penaeus monodon foi descrita por primeira vez por Johan Christian Fabricius en 1798. Porén, este nome foi esquecido durante moito tempo, até 1949, cando Lipke Holthuis aclarou que especies se refería.[3]

Holthuis tamén demostrou que P. monodon era a especie tipo do xénero Penaeus.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Ambos os sexos alcanzan uns 36 cm de lonxitude, e as femias poden alcanzar un peso de 650 g, polo que é o lagostino máis grande do mundo.

Distribución[editar | editar a fonte]

A súa área de distribución natural é a rexión Indo-Pacífica, desde as costas orientais de África e Arabia, até o sueste asiático e o mar de Xapón.
Tamén pode acharse en Australia, e un pequeno número de espécimes colonizou o mar Mediterráneo vía canal de Suez.

Ademais algunhas poboaciones invadiron as costas de Hawai e o océano Atlántico, nas costas de Estados Unidos (Florida, Georgia e Carolina do Sur).

Nome galego[editar | editar a fonte]

Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario multiligüe propoñen como nome galego para esta especie o de gamba tigre jumbo, co sinónimo gamba xigante.[4]

Acuicultura[editar | editar a fonte]

Penaeus monodon conxelado, cultivado nos sueste asiático, presente en todos os mercados.

Penaeus monodon é especie de lagostino máis amplamente cultiuvada no mundo, aínda que pouco a puoco está perdendo terreo fronte a Litopenaeus vannamei.[2]

En 2009 producíronse un total de 770 000 t, que alcanzaron un valor no mercado de 3.650.000.000 dólares.

Enfermidades nos cultivos[editar | editar a fonte]

As condicións de promiscuidade e de hixiene da cría industrial facilitan o contaxio viral.[5]

Desde os anos 1990 tratouse de comprender a xenética destes virus, para poder reprimilos.[6]

Foron identificados cinco virus principais como causa de mortandades importantes nos cultivos do sueste asiático.[7]

Así, a produción taiwanesa, despois de ter un espectacular aumento (pasando de 270 t en 1976 a 95 000 t en 1987), caeu a 30 000 t en razón da importante mortandade nos cultivos a finais dos anos 1980. Desde entón, os acuicultores taiwaneses non lograron alcanza a mesma produtividade.[7]

Mortandades en masa de orixe viral tamén se produciron en países moi avanzados tecnoloxicamente e tamén en materia de acuicultuira.[8]

Algúns destes virus son patóxenos bastante xeralistas (afectan a outros peneidos, e tamén a moitas especies de moluscos). Outros parecen que afectan máis especificamente a esta especie.

Consumo sustentábel[editar | editar a fonte]

En 2010, Greenpeace engadiu a Penaeus monodon na súa lista vermella de mariscos —unha lista dos peixes, moluscos e crustáceos que comunmente se venden nos supermercados de todo o e que teñen un resco moi alto de seren orixinarios de pesca insustentábel.[9]

As razóns esgrimidas por Greenpeace foron "a destrución de vastas áreas de manglares en varios países, exceso de pesca de individuos xuvenís salvaxes para o subministro de granxas de cultivo".[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Penaeus monodon Fabricius, 1798 no SIIT.
  2. 2,0 2,1 "Species Fact Sheets: Penaeus monodon (Fabricius, 1798)". FAO Species Identification and Data Programme (SIDP). http://www.fao.org/figis/servlet/FiRefServlet?ds=species&fid=3405. 
  3. 3,0 3,1 L. B. Holthuis (1949): "The identity of Penaeus monodon Fabr." Proceedings of the Koninklijke Nederlandse Akadademie van Wetenschappen 52 (9): 1051–1057. Ver en PDF
  4. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. p. 231.
  5. Lightner, D. V. (1993): "Diseases of cultured penaeid shrimp" en McVey, J. P. (ed.) CRC Handbook of Mariculture, 2nd edn, Vol 1, Crustacean aquaculture. Boca Ratón, California: CRC Press. pp. 393-486
  6. Bonami, J. R., Paulos B. & Lightner, D. (1993): "Preliminary characterization and partial cloning of the genome of a baculovirus from Penaeus monodon (PmSNPV = MBV)". Dis. aquat. Org. 16: 207-215
  7. 7,0 7,1 T. W. Flegel (1997): "Major viral diseases of the black tiger prawn (Penaeus monodon) in Thailand", World Journal of Microbiology and Biotechnology 13 (4): 433-442. Resumo
  8. Inouye, K., Miwa, S., Oseko, N., Nakano, H. & Kimura, T. (1994): "Mass mortalities of cultured kuruma shrimp, Penaeus japonicus, in Japan in 1993: electron microscopic evidence of the causative virus". Fish Pathol. 29: 149-158.
  9. 9,0 9,1 Greenpeace International Seafood Red list Greenpeace.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazons externas[editar | editar a fonte]