Ovación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha ovación (do latín, ovatio) era, na Roma Antiga, unha cerimonia para homenaxear un xeneral vitorioso. Era unha forma menor do triunfo romano, e cun cerimonial menos solemne.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A orixe da palabra é discutido, tanto entre os antigos como no presente. A maior parte dos aceptan que está relacionada coa palabralatina ovis,"ovella", ao ser o animal sacrificado ao final desta cerimonia.[1] En troques, outros autores relaciónana coa palabra grega "euan" que designaba un berro de ledicia ou un berro dado polos soldados vitoriosos dobrando a letra "o" cando retornaban do combate.[2]

Características[editar | editar a fonte]

As ovacións eran outorgadas cando non se declarara unha guerra contra un estado inimigo, cando un inimigo era considerado inferior (rebelións de escravos ou piratas, por exemplo) ou cando o conflito era resolto con pouco ou ningún derramamento de sangue ou sen perigo para o propio exército.[3]

O xeneral que celebraba a ovación non entraba na cidade montando un carro tirado por catro cabalos brancos (cuadriga), como si o facían os que celebraban un triunfo senón que cruzaban andando e vestidos coa toga praetexta dos maxistrados (unha toga cunha fita púrpura);[4] mentres o xeneral que celebraba un triunfo levaba posta a toga picta, que era completamente púrpura e estaba adornada con estrelas douradas.

O xeneral que era honrado cunha ovación portaba sobre a súa cabeza unha coroa de mirto (sagrado para Venus), en lugar da famosa coroa de loureiro coa que se celebraba un triunfo.[5] Tampouco era antecedido polo Senado nin acostumaban tomar parte os soldados na procesión.

Historia[editar | editar a fonte]

A ovación, emitida polo senado, era de menor categoría có triunfo, e podíase producir cando a guerra era menos importante, cando o exercito inimigo non estaba completa, cando os inimigos non eran "dignos" da República - como piratas ou escravos revoltos - ou mesmo cando a vitoria se conseguise sen derramamento de sangue.[6] Tamén podía ser concedida a un xeneral que liderara unha campaña ben realizada nunha guerra aínda sen rematar.[7]

Plutarco viu nela unha diferenza entre as honras, feita polos antigos, e nas que estes diferenciaban estes dous honores máis polo xeito en que se levan a cabo que pola grandeza das accións (...), reservándose a ovación para os xenerais que, case sen usa-la forza, polo mero poder de persuasión, pola súa elocuencia, finalizaron felizmente as súas empresas.[8]

República[editar | editar a fonte]

A cerimonia foi instituída no 503 a. C. polo cónsul Publio Postumio Tuberto, tras unha vitoria sobre os sabinos e continuou durante toda a República.[9]

Unha ovación famosa da historia de Roma foi a que celebrou Marco Licínio Craso após a súa vitoria contra Espartaco na Terceira guerra servill, na que non recibiu un triunfo ao ser unha guerra contra escravos, mais o senado permitiulles porta-la coroa de loureiro en lugar da de mirto, considerando a relevancia da vitoria.[10]

En total, durante a República romana, rexistráronse un total de 23 ovacións:[11]

Data Xeneral Título Causa
503 a. C. Publio Postumio Tuberto Cónsul Vitoria sobre os sabinos[12]
487 a. C. Caio Aquilio Tusco Cónsul Vitoria sobre os hérnicos[13]
474 a. C. Aulo Manlio Vulsón Cónsul Realiza unha tregua cos habitantes de Veies[14]
462 a. C. Tito Veturio Xémino Cicurino Cónsul Vitoria sobre os volscos[14]
421 a. C. Numerio Fabio Vibulano Cónsul Vitoria sobre os ecuos[15]
410 a. C. Caio Valerio Potito Voluso Cónsul Vitoria sobre os volscos[16]
390 a. C. Marco Manlio Capitolino Defendeu o Capitolio dos galos de Breno
360 a. C. Marco Fabio Ambusto Cónsul Vitoria sobre os hérnicos[17]
286 ou 285 a. C. Manio Curio Dentato Procónsul Vitoria sobre os lucanos
211 a. C. Marco Claudio Marcelo Procónsul Conquista Siracusa[18]
207 a. C. Caio Claudio Nerón Cónsul Batalla do Metauro[19]
200 a. C. Lucio Cornelio Léntulo Procónsul Vitorias en Hispania[20]
196 a. C. Cneo Cornelio Blasio Procónsul Vitorias na Hispania Citerior contra celtíberos[21][22]
195 a. C. Marco Helvio Procónsul Vitorias na Hispania Ulterior contra celtíberos[21][23]
191 a. C. Marco Fulvio Nobilior Procónsul Vitorias na Hispania Ulterior[21][24]
185 a. C. Lucio Manlio Acidino Fulviano Procónsul Vitorias na Hispania Ulterior contra celtíberos[25]
182 a. C. Aulo Terencio Varrón Procónsul Vitorias na Hispania Citerior[26]
174 a. C. Apio Claudio Centón Procónsul Vitorias na Hispania Ulterior contra celtíberos[27][28]
132 a. C. Marco Perperna Procónsul Primeira guerra servil[29]
99 a. C. Manio Aquilio Procónsul Segunda guerra servil[30]
71 a. C. Marco Licinio Craso Procónsul Terceira guerra servil[31][32]
44 a. C. Caio Xulio César Ditador No monte Albano[33]
40 a. C. Caio Xulio César Triunviro Por face-la paz con Marco Antonio[34]
40 a. C. Marco Antonio Triunviro Por face-la paz con Xulio César[34]
36 a. C. Caio Xulio César Octaviano Triunviro Por vencer a Sexto Pompeio en Sicilia[34][35]

Imperio[editar | editar a fonte]

A partir da época imperial, foi cada vez máis rara, chegando a caer en desuso. A derradeira ovación coñecida aconteceu nunha cerimonia na honra de Aulo Plaucio tras vencer os britanos, durante o reinado de Claudio.

Data Xeneral Título Causa
11 a. C. Nerón Claudio Druso Xermánico[36] Vitorias en Xermania
9 a. C. Tiberio Claudio Nerón[37][38] Vitorias en Pannonia. Fora aprobada durante o 11 a.C.
20 Druso Xulio César[39]
40 Calígula[40]
47 Aulo Plauto[41]
55 Nerón[42]
93 Domiciano[43]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adam (1834), p. 170
  2. Sexto Pompeio Festo, De verborum significatu
  3. Maxfield (1981), pp. 104–105
  4. Goldsworthy (2014), p. 121
  5. Plinio o Vello, Naturalis Historia, XV, 29
  6. Aullus Gellius, Noctes Atticae, V, 6, 21
  7. Ovación a Marcelo 212 en Tito Lívio, Ab Urbe Condita , XXVI, 21
  8. Plutarco, Vida de Marcelo XXII
  9. Plinio, o Vello, Naturalis Historia, XV, 28
  10. Middleton 1804, p. 83
  11. G. Rohde (1939). Ovatio. RE XVIII, p. 1890-1903
  12. Fasti Triumphales, p. 91
  13. Broughton (1954), p. 20
  14. 14,0 14,1 Fasti Triumphales, p. 92
  15. Broughton (1954), p. 70
  16. Broughton (1954), p. 77
  17. Fasti Triumphales, p. 94
  18. Broughton (1954), pp. 273-274
  19. Broughton (1954), p. 294
  20. Broughton (1954), p. 324
  21. 21,0 21,1 21,2 Fasti Triumphales, p. 102
  22. Broughton (1954), p. 336
  23. Broughton (1954), p. 341
  24. Broughton (1954), p. 354
  25. Broughton (1954), p. 373
  26. Broughton (1954), p. 383
  27. Fasti Triumphales, p. 104
  28. Broughton (1954), p. 404
  29. Broughton (1954), p. 498
  30. Broughton, T. Robert S. "The magistrates of the Roman Republic vol. II" (PDF). sfb600.uni-trier.de (en inglés). (99 BC - Promagistrates). Archived from the original on 21 de abril de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2022. 
  31. "Plutarch, The Parallel Lives. The Life of Crassus, 11,8". penelope.uchicago.edu (en inglés). 16 de agosto de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2022. 
  32. Broughton, T. Robert S. "The magistrates of the Roman Republic vol. II" (PDF). sfb600.uni-trier.de (en inglés). (71 BC - Promagistrates). Archived from the original on 21 de abril de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2022. 
  33. Fasti Triumphales, p. 108
  34. 34,0 34,1 34,2 Fasti Triumphales, p. 109
  35. Wilkes (2004), p. 19
  36. Lendering, Jona (2003 [actualizado o 15 de setembro de 2020]). "Rome, Arch of Drusus". livius.org (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  37. Suetonio. "The Lives of the Twelve Caesars". penelope.uchicago.edu (en inglés). The Life of Tiberius, 9. Loeb Classical Library. Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  38. Wilkes (2004), p. 175
  39. Wilkes (2004), p. 554
  40. Suetonio (1913). "The Life of Caligula, 49" (1913). "The Lives of the Twelve Caesars". penelope.uchicago.edu (en inglés). Loeb Classical Library. Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  41. Tacitus, "Annales" (XIII. 32)
  42. Wilkes (2004), p. 244
  43. Donahue, John. "Titus Flavius Domitianus(A.D. 81-96)". De Imperatoris Romanibus (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]