Tes un correo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tes un correo
Ficha técnica
Título orixinalYou've Got Mail
DirectorNora Ephron
ProdutorLauren Shuler Donner
Nora Ephron
GuiónNora Ephron
Delia Ephron
Baseado en
Intérpretes
MúsicaGeorge Fenton
FotografíaJohn Lindley
MontaxeRichard Marks
EstudioLauren Shuler Donner Productions
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea18 de decembro de 1998
Duración119 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia romántica
Orzamento65 millóns de dólares[2]
Recadación250,8 millóns de dólares[2]
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/youve-got-mail
IMDB: tt0128853 Filmaffinity: 379470 Allocine: 15560 Rottentomatoes: m/youve_got_mail Mojo: youvegotmail Allmovie: v174227 TCM: 327790 Metacritic: movie/youve-got-mail TV.com: movies/youve-got-mail Netlix: 18171032Editar o valor em Wikidata

Tes un correo (en inglés: You've Got Mail) é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Nora Ephron e protagonizado por Tom Hanks e Meg Ryan. Está inspirado na obra húngara de 1937 Parfumerie de Miklós László (que foi adaptada anteriormente en The Shop Around the Corner e In the Good Old Summertime),[3] e o guión do filme foi escrito por Nora e Delia Ephron. Conta a historia de dúas persoas que manteñen un romance anónimo en liña que non saben que tamén son rivais de negocios. Foi a terceira colaboración de Hanks e Ryan, que antes apareceron xuntos en Joe Versus the Volcano (1990) e Algo para recordar (1993), sendo este último tamén dirixido por Ephron. O filme toma o seu nome do saúdo que reciben os usuarios de AOL cando reciben un novo correo electrónico.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "You've Got Mail (PG)". British Board of Film Classification. 11 de xaneiro de 1999. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "You've Got Mail (1998)". Box Office Mojo. 8 de abril de 1999. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2011. 
  3. "9 Movies That Are Remakes of Remakes". 17 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2021.