Nameko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pholiota nameko
Nameko

Cultivo de nameko
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Subdivisión: Agaricomycotina
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Strophariaceae
Xénero: Pholiota
Especie: P. nameko
Nome binomial
Pholiota nameko
(T. Itô) S. Ito & S. Imai (1933)
Sinonimia
Véxase o texto
Un prato de soba con nameko

Pholiota nameko,[1] ás veces coñecida como Pholiota microspora,[2] e comunmente como nameko (ナメコ?),[3] é un fungo basidiomiceto da subdivisión dos agaromicotinos, clase dos agaromicetos, orde dos agaricais e familia das estrofariáceas,[1][4][5] unha das numerosas integradas no xénero Pholiota.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1933 polo botánico xaponés Tokutarô Itô,[4][5] nun traballo publicado en:

T. Itô, S. Ito & S. Imai (1933): Bot. Mag. (Tokyo) 47: 388.[2]

Sinómimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4][5]

  • Collybia nameko T. Itô (protónimo)
  • Kuehneromyces nameko (T. Itô) S. Ito

Características[editar | editar a fonte]

É un cogomelo pequeno, cun chapeu de cor apardazada ou alaranxada e recuberto dunha fina película de textura xelatinosa. O seu pé é longo e delgado, de cor máis clara, cun anel amarelado na parte superior.

Usos[editar | editar a fonte]

Úsase como ingrediente na sopa de miso e no nabemono.

É un dos cogomelos cultivados máis populares no Xapón. Ten un sabor doce e lixeiro a noz e adoita consumirse en salteados.

Na China, onde tamén é moi popular, é coñecido como huázĭ mó (en chinés: 滑子蘑).

Así mesmo e tamén moi consumido en Rusia, onde é coñecido como "ou-pyo-nok" (опёнок), en plural "ou-pya-ta" (опята).[6]

Galería[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]