Ponte de Lima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Ponte de Lima no mapa de Portugal

Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao Norte co concello de Paredes de Coura, ao Leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao Sueste con Vila Verde, ao Sur con Barcelos, ao Oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao Noroeste con Vila Nova de Cerveira.

Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal.[1]

Freguesías[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Isto é, todas as localidades con foro máis antigo que o de Ponte de Lima, ou perderon ese estado (sendo levadas ó estado de aldea ou lugar), ou pasaron ó estado de cidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Concellos do Distrito de Viana do Castelo Mapa do distrito de Viana do Castelo
Arcos de Valdevez Caminha Melgaço Monção Paredes de Coura Ponte da Barca Ponte de Lima Valença Viana do Castelo Vila Nova de Cerveira
Arcos de
Valdevez
Caminha Melgaço Monção Paredes
de Coura
Ponte
da Barca
Ponte
de Lima
Valença Viana do
Castelo
Vila Nova
de Cerveira