Molokai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Molokai - Moloka'i
Vista da illa
Imaxe de Molokai desde satélite.
Datos
Capital
País Estados Unidos
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Arquipélago de Hawai
Linguas
Poboación (2000) 7.404 hab.
Superficie 673´4 km²
Densidade 11 hab/km²
Coordenadas 21°08′N 157°02′W / 21.133°N 157.033°W / 21.133; -157.033
Maior Altura 1.512 m. Kamakou
Localización
Hawaii Islands - Molokai.PNG

Molokai (oficialmente en hawaiano Moloka´i) é unha das illas Hawai. Está situada a 40 km ao leste de Oahu, separada pola canle Ka-iwi, e ao norte de Lanai, separada pola canle Kalohi. Administrativamente Molokai depende do condado de Maui, excepto a península de Kalaupapa que forma o condado de Kalawao. É a quinta illa en tamaño.

De noite pódense ver as luces de Honolulú desde o extremo occidental de Molokai, mentres que as próximas Lanai e Maui pódense ver con claridade desde calquera punto da costa sur da illa.

A illa está formada por dous volcáns, coñecidos como East Molokai e West Molokai, moito menor. A superficie total é de 673,44 km². A altitude máxima é Kamakou no East Molokai con 1.515 metros sobre o nivel do mar. O volcán East Molokai volcano, do mesmo xeito que Koolau en Oahu son todo o que queda hoxe en pé da metade sur da montaña orixinal. A metade norte afundiuse e hoxe atópase sepultada cara ao norte baixo o Océano Pacífico e o único que se conserva na illa son os cantiis mariños máis altos do mundo. Na película Jurassic Park III aparecen imaxes dos mesmos. A costa sur de Molokai presume de ter os arrecifes franxeantes máis amplos dos EEUU, con case 40 km.

A metade da poboación é de ascendencia hawaiana. A poboación total, no censo do 2000, era de 7.404 habitantes. A única cidade da illa é Kaunakakai, que ademais posúe un porto. O aeroporto está en West Molokai. A praia de Pāpōhaku, na costa oeste da illa, é a máis longa das illas Hawai.

Leprosería de Kalaupapa[editar | editar a fonte]

A península de Kalaupapa, no norte da illa, está illada do resto por uns cantiis de 1.010 metros de altitude, uns dos máis altos do mundo. Ao pé dos cantiis está a vila de Kalaupapa. Foi o lugar escollido polo rei Kamehameha V para illar aos leprosos. Os primeiros exiliados chegaron en 1866. As vítimas eran transportadas en barco, tiradas pola borda e abandonadas. O 1873 chegou o Pai Damián, o misioneiro católico belga Jozef van Veuster Wouster hoxe mártir da caridade. Durante 16 anos dedicouse á cura dos enfermos ata que, en 1889, morreu afectado de lepra. Coa constitución do estado de Hawai, a península quedou aparte baixo a administración do Departamento estatal de Saúde, formando o condado de Kalawao. A reclusión dos leprosos continuou ata 1969, cando se comezou a tratar a enfermidade e tíñanse os medios para evitar o contaxio. Moitos dos pacientes decidiron continuar vivindo en Kalaupapa e o estado aseguroulles a residencia vitalicia.

Hoxe en día non se admiten novos pacientes nin outros residentes. As visitas están estritamente reguladas e prohibidas aos menores de 16 anos. O condado de Kalawao é o segundo menos poboado dos Estados Unidos. En 1900 había 1.177 habitantes e hoxe queda un centenar de antigos pacientes. O condado non ten un goberno local e o único oficial é un xerife nomeado polo Departamento de Saúde. Cunha superficie de 34 km² é o condado máis pequeno dos Estados Unidos. O presidente Bill Clinton designou todo o condado como Parque Histórico Nacional.

Padre Damián