Lanai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lanai - Lāna'i
Vista da illa
Imaxe satelital da illa Lanai
Datos
Capital Lanai City
País Estados Unidos
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Arquipélago de Hawai
Linguas
Poboación (2000) 3.193 hab.
Superficie 364 km²
Densidade 9 hab/km²
Coordenadas 20°50′N 156°56′W / 20.833°N 156.933°W / 20.833; -156.933
Maior Altura 1.026 m. Lānaʻihale
Localización
Hawaii Islands - Lanai.PNG

Lanai (oficialmente en hawaiano Lāna‘i) é unha das illas Hawai. Administrativamente depende do condado de Maui. O seu nome en hawaiano significa 'soportal' ou 'balcón'.

A illa é case circular, cunha forma que recorda un pouco a unha coma e unha superficie total de 364 km². Lanai está separada de Molokai pola canle Kalohi ao norte, e de Maui pola canle Au´au ao leste. A única cidade é Lāna‘i City, situada no centro da illa. A poboación total era de 3.193 habitantes no censo do 2000.

Lanai foi descuberta polo capitán Charles Clerke a bordo do HMS Resolution, o 25 de febreiro de 1779, cando partía das illas poucos días logo da morte de James Cook.

En 1922, James Dole, o presidente da Dole Food Company, comprou toda a illa de Lanai e converteuna na plantación de ananas máis grande do mundo. Chegou a producir o 75% do mercado de ananas, con especial éxito das ananas en conserva. Por iso Lanai ten o sobrenome de Pineapple Island ou Illa Ananas. Na década de 1980 comezouse a diversificar a economía cara ao turismo.

Turismo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Turismo en Hawai.

O desenvolvemento do turismo en Lāna‘i foi bastante recente, coa retirada paulatina da industria da ananas nas illas.

Existen dous complexos hostaleiros en Lāna‘i: Manele Bay e o refuxio ou Lodge de Kō´ele. Este último é un caso atípico en Hawai´i xa que se atopa no interior e non preto da praia. Hai tamén un pequeno hotel en Lāna‘i City destinado principalmente a aloxar a quen visitan aos residentes en Lāna‘i. Ambos contan con campo de golf e forman parte dos Four Seasons.

O punto máis elevado é Lāna‘ihale, cunha altitude de 1.027 metros (3.370 pés).

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • A maior residencia privada da illa é unha mansión propiedade do billonario Paul Allen. Atópase xunto á Baía de Manele, que dá a Kaanapali na illa de Maui.