Damián de Molokai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Damián de Molokai
Nome completoJozef De Veuster
Nacemento3 de xaneiro de 1840
Lugar de nacementoNinde
Falecemento15 de abril de 1889
Lugar de falecementoKalaupapa
CausaLepra
SoterradoSaint Philomena Church e Saint Anthony's chapel
NacionalidadeBélxica
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmisioneiro e sacerdote católico
Na rede
WikiTree: De_Veuster-2 Find a Grave: 10963 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Damián de Molokai nado en Tremoloo (Flandres) o 3 de xaneiro de 1840 e finado en Molokai (Hawai) o 15 de abril de 1889, foi un misioneiro católico que adicou a súa vida ao coidado e promoción de doentes de enfermidades marxinais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de labregos, entrou como novizo na Congregación dos Sagrados Corazóns en Lovaina o 2 de febreiro de 1859. O 19 de marzo de 1864 chegou como misioneiro a Honolulu (Hawai), onde uns días máis tarde foi ordenado sacerdote.

O Reino de Hawai sufría unha crise de saúde severa por mor do contaxio por parte de mercadores estranxeiros de enfermidades descoñecidas como a gripe ou a sífilis. Asemade proliferaba a lepra. En condicións inhumanas o goberno concentrou estes doentes na illa de Molokai. Damián acudiu a ese lugar onde a loita pola supervivencia xeraba caos, violencia e degradación humana. Organizou comunidades, asistencia sanitaria, educación e actividades produtivas e culturais e reclamou os dereitos dos doentes ata que el mesmo se contaxiou, morrendo de lepra tras cinco anos de padecementos e sen abandonar as súas comunidades.

Significación[editar | editar a fonte]

Aínda que padeceu incomprensión por parte das autoridades, o seu labor acabou sendo recoñecido ao recibir a orde de Cabaleiro Comandante da Real Orde de Kalākaua, por parte do rei David Kalākaua.

Os seus restos repousan en Lovaina, Bélxica. Os hawaianos, co gallo da súa incorporación como estado federado aos Estados Unidos, elixiron a Damián de Molokai para que a súa estatua os representase no Capitolio dos Estados Unidos en Washington, D.C..

Foi beatificado por Xoán Paulo II o 4 de xuño de 1995 e canonizado por Bieito XVI o 11 de outubro de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

PELLICER-CORDERO. Kamiano y yo. Reinado Social. Madrid, 2009 ISBN 978-84-931393-5-3