Mogán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mogán
Escudo de Mogán.svg
Situación xeográfica
Gran Canaria municipio Mogán.svg
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia Provincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas
Illa Flag of Gran Canaria.svg Gran Canaria
Xeografía
Altitude 253 msnm
Superficie 172,43 km²
Poboación
Poboación 22.638 hab. (2010)
Densidade 131,29 hab/km²
Xentilicio Moganero/a
Información
Código postal
Alcalde Francisco González (PP)
Páxina web www.mogan.es

Mogán é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado ao suroeste da illa de Gran Canaria.

Con máis de 18.000 habitantes no termino municipal, dos que ao redor de 500 viven no pobo, Mogán localízase nun fermoso val que se estende desde o barranco do Mulato ata a costa. No litoral atópase o seu histórico porto pesqueiro, no pasado único medio de comunicación co resto da illa.

Porto deportivo de Mogán

A cabeceira do municipio áchase a unha altitude duns 250 metros, e a unha distancia de 93 quilómetros da capital insular, As Palmas de Gran Canaria.

A conexión coa rede de estradas do litoral grancanario foi o principal factor que promoveu a substitución da tradicional economía agrícola-pesqueira do municipio pola súa actual actividade turística, concentrada no porto de Mogán. Con todo, a agricultura non se abandonou: os cultivos tradicionais foron substituídos por outros máis rendibles, como as froitas tropicais destinadas á exportación.

O pobo de Mogán é parada para quen se dirixen ao, ou veñen do, municipio veciño de La Aldea de San Nicolás. Mogán festexa a San Antón de Padua o Mozo o 13 de xuño, e ao Grande o primeiro domingo de agosto, cunha romaría na que participan todos os pagos do municipio. Ao seu termo realízase un canto de gran tradición: o canto aos Pajaritos. A festividade de San Antón o Grande naceu como unha promesa ante unha praga de cigarras que azoutou os cultivos.

Demografía[editar | editar a fonte]

Ano Poboación Densidade
1991 8.688 -
1996 10.398 -
2001 12.444 72,34/km²
2002 15.935 98,07/km²
2003 15.932 98,06/km²
2004 15.176 88,17/km²
2006 16.569 96,09/km²
2007 18.547 107,56/km²
2010 22.638 131,29/km²

Localidades[editar | editar a fonte]

Porto de Mogán

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Muíño de Vento
  • Igrexa de San Antón de Padua
  • Zona arqueolóxica de Castilletes de Tabaibales
  • Zona arqueolóxica de Las Crucecitas.

Fiestas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mogán Modificar a ligazón no Wikidata