Agüimes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agüimes
Situación xeográfica
Gran Canaria municipio Agüimes.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Canarias Canarias
Provincia: Provincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas
Illa: Flag of Gran Canaria.svg Gran Canaria
Xeografía
Altitude: 275 msnm
Superficie: 79,28 km²
Poboación
Poboación total: 29.767 hab. (2011)
Densidade de poboación: 375,47 hab/km²
Xentilicio: agüimense/lagartero
Información
Código postal: 35480
Alcalde: Antonio Morales (Roque Aguayro-NC)
Sitio na web: www.aguimes.es

Agüimes é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado no sueste da illa de Gran Canaria. Posúe varios espazos naturais protexidos.

O municipio conta con hoteis e casa de curto aloxamento para poder desenvolver o turismo rural, o que atrae varios centos de visitantes ao ano. Posúe tamén un polígono industrial (o de Arinaga) no que se aloxan máis de 700 empresas.

Índice

[editar] Historia

Vista da vila de Agüimes

O Agüimes actual foi fundado en 1491 sobre un importante asentamento aborixe logo de terminada a conquista castelá de Gran Canaria. Foi creado como vila baixo señorío episcopal por orde dos Reis Católicos, e outorgado á Igrexa como compensación pola colaboración desta durante a conquista. O territorio agüimense alberga diversos asentamentos prehispánicos de gran importancia: o propio casco histórico de Agüimes, Guayadeque e Temisas.

A súa riqueza hídrica, grazas aos cursos de auga provenientes da conca do barranco de Guayadeque, permitiu tras a conquista os primeiros cultivos de cana de azucre. Máis modernas son as explotacións de tomate e pepino na zona de Arinaga destinadas á exportación.

Do mesmo xeito que no resto do sueste de Gran Canaria, parte da poboación de Agüimes optou no pasado pola emigración a Cuba, Porto Rico e outros países de América. Actualmente é unha zona de inmigración, beneficiada polo auxe do turismo no sur da illa e doutras actividades de servizos. Hai que sinalar ademais a puxanza da zona industrial de Arinaga, en torno ao porto homónimo.

[editar] Localidades

  • Cruce de Arinaga
  • Playa de Arinaga
  • Agüimes
  • Polígono de Arinaga
  • Montaña Los Vélez
  • Las Rosas
  • La Banda
  • Temisas
  • Llanos Prietos (Los Espinales)

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas