San Bartolomé de Tirajana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Faro de Maspalomas, na zona turística de San Bartolomé de Tirajana.

San Bartolomé de Tirajana é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas, ao sur da illa de Gran Canaria.

Presenta forma triangular, cun vértice no interior da illa (a unha altitude de 1.900 m) e unha ancha base que abarca boa parte do litoral sur de Gran Canaria. É o municipio con maior superficie da illa, cubrindo máis da súa quinta parte.

A capital do municipio é San Bartolomé, situada na chamada caldeira das Tirajanas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]