Pájara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pájara
Escudo de Pájara.svg
Situación xeográfica
Fuerteventura municipio Pájara.svg
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia Provincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas
Illa Flag of Fuerteventura.svg Fuerteventura
Xeografía
Altitude 196 msnm
Superficie 383,52 km²
Poboación
Poboación 20.622 hab. (2010)
Densidade 53,77 hab/km²
Información
Código postal 35628
Alcalde Rafael Perdomo Betancor (PSC-PSOE)
Páxina web www.pajara.es

Pájara é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Situado en parte do centro da illa de Fuerteventura, abarca tamén todo o sur da illa, que forma a chamada península de Jandía.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Porto da Peña, Ajuí

É o maior municipio de Fuerteventura cunha extensión de 383,52 km². A súa altitude é de 196 metros sobre o nivel do mar, contando cun litoral de 150 quilómetros. O punto máis elevado da illa é o Pico da Zarza (807 m) situado en Jandía. Esta península é unha zona protexida por un Parque natural.

Demografía[editar | editar a fonte]

Os seus núcleos máis importantes son Morro Jable, Costa Calma e Solana Matorral. Morro Jable, de tradición pesqueira, é sede de importantes campionatos internacionais de windsurf. Na localidade de Pájara pódese visitar a igrexa da nosa Señora da Régoa, inicialmente construída en 1687 e posteriormente ampliada.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
1.182 1.267 1.722 2.532 4.427 12.923 20.622

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Pájara está centrada no turismo, ofertando máis de 18.000 prazas hostaleiras e extrahoteleiras. O municipio dispón da maior extensión de praias de Canarias. Destacan as de Sotavento, as de Cofete e Morro Jable.

Espazos naturais protexidos[editar | editar a fonte]

  • Monumento natural Ajuí: alberga sedimentos oceánicos e fósiles de animais mariños xa desaparecidos, de gran interese científico.
  • Parque natural de Jandía: abarca case a totalidade da península do mesmo nome. Contan con abundantes endemismos, especies ameazadas e especies protexidas en flora e fauna.
  • Monumento natural Montaña Cardón: de interese científico pola súa riqueza florística.
  • Parque rural de Betancuria: esténdese polos municipios de Betancuria, Puerto del Rosario, Antigua, Tuineje e Pájara. O seu ecosistema favorece a existencia de aves acuáticas.
  • Paraxe natural Praia do Matorral: con só 115 hectáreas é un sitio de alto interese científico. Zona de recalada de aves mariñas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pájara Modificar a ligazón no Wikidata