Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tuineje é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado no sueste da illa de Fuerteventura. Os principais núcleos de poboación son Gran Tarajal, Tarajalejo, Tesejerague e Tuineje.
Foi dependente do municipio de Betancuria ata finais do século XVIII. Constitúese en municipio en 1872 grazas ás Cortes de Cádiz. En 1740, durante a guerra angloespañola, corsarios ingleses desembarcan no pobo para realizar saqueos. Con todo, e a pesar da súa desvantaxe en armamento, os nativos conseguen unha vitoria sobre os invasores. Meses máis tarde vólvense a reproducir os acontecementos con igual resultado. Esta batalla coñécese como Batalla de Tamasite ou de Llano Florido.
A economía en Tuineje baséase na agricultura de tomate e forraxe (primeiro produtor insular) e na gandería (carne de cabra e queixos). Cobra tamén un papel relevante o sector turístico. Destacan as praias de Gran Tarajal, Tarajalejo, Giniginámar e Las Playitas.
Edificios de interese[editar]
- Ermida de San Marcos en Tiscamanita, de finais do século XVII.
- Igrexa de San Miguel Arcanxo, en Tuineje, data do século XVIII.
- Ermida de San José, en Tesejerague, data da primeira metade do século XVIII.
- Forno de Cal, en Gran Tarajal, construído en 1953, é o maior de Fuerteventura.
Espazos protexidos[editar]
Espazos compartidos con outros municipios da illa:
- Paisaxe Protexida do Malpaís Grande: campo de lavas de emisións volcánicas.
- Monumento Natural de Cuchillos de Vigán: reduto de especies ameazadas como o guirre, o aguia pescadora e o falcón de berbería.
- Parque Rural de Betancuria: de gran interese faunístico e refuxio tamén para varias rapaces ameazadas.
- Monumento Natural de Caldera de Gairía: cono volcánico de erupción recente.
Tuinejenses ilustres[editar]
Localidades irmandadas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]