Agaete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agaete
Escudo de Agaete.svg
Situación xeográfica
Gran Canaria municipio Agaete.svg
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia Provincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas
Illa Flag of Gran Canaria.svg Gran Canaria
Xeografía
Altitude 43 msnm
Superficie 45,5 km²
Poboación
Poboación 5.776 hab. (2011)
Densidade 126,95 hab/km²
Xentilicio Agaetense
Información
Código postal 35480
Alcalde Antonio Lorenzo Calcines Molina (PP)
Páxina web www.aytoagaete.es

Agaete é un concello español pertencente á provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado ao noroeste da illa de Gran Canaria, a 30 quilómetros da capital.

Dentro do termo municipal destacan a súa cabeceira (a vila de Agaete), o Puerto de las Nieves a beiras do océano Atlántico, comunicado regularmente por ferry coa illa de Tenerife, e Los Berrazales (barranco arriba, cunha exuberante vexetación). Nesta última zona, ao pé do piñeiral de Tamadaba, levántase un antigo e abandonado hotel rural.

A economía de Agaete baseouse historicamente na agricultura e a pesca, pero nos últimos decenios o turismo converteuse no sector máis importante. Un dos símbolos do municipio é o Dedo de Dios ou Roque Partido, formación rochosa con aspecto de dedo humano que se levanta fronte á costa. A parte superior do Dedo de Dios foi destruída por unha forte tormenta, a tormenta tropical Delta, en 2005.

Barrios[editar | editar a fonte]

Atardecer en Puerto de las Nieves

Casas del Camino, El Hornillo, El Risco, El Sao, El Turman, Guayedra, Las Cuevecillas, Los Berrazales, San Sebastián, Barriada Señorita María Manrique de Lara (coñecido como Bilbao), Troya, Piletas, Puerto de las Nieves, San Pedro, El Palmeral, La Suerte, San Pedro, Vecindad de Enfrente e Las Candelarias.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Casa Fuerte
  • Conxunto Histórico-Artístico do Casco da Vila de Agaete
  • Ermida das Neves
  • Ermida de San Sebastián de Agaete
  • Lomo de los Canarios-Praia do Risco
  • Maipez de Arriba
  • Val de Guayedra
  • Zona Arqueolóxica La Palmita
  • Huerto de las Flores

Festas[editar | editar a fonte]

Sen ningunha dúbida, Agaete caracterízase tamén polas súas festas patronais. A Vila mariñeira de Agaete celebra durante o mes de decembro as festas patronais en honra á Inmaculada Concepción e durante o mes de agosto, a Festa da Rama en honra á Virxe das Neves. O acto popular máis coñecido durante as festas de agosto da nosa Señora das Neves, é sen ningunha dúbida, a Baixada da Rama, declarado acto festivo de Interese Turístico Nacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agaete Modificar a ligazón no Wikidata