Gáldar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GC Galdar.png

Gáldar é unha cidade e un municipio pertencente ás Illas Canarias, concretamente na provincia das Palmas (España). Está situado ao noroeste da illa de Gran Canaria, lindando con Agaete, Artenara e Santa María da Guía de Gran Canaria. As súas cordenadas son 28°5′N, 15°32′O e ten unha altitude media de 124 m. En Gáldar atópase un dos sitios arqueolóxicos máis represenativos dos que existen en Canarias, a Cova Pintada, que exhibe unha valiosa mostra da arte realizada polos antigos indíxenas canarios. O actual alcalde é Teodoro Sosa Monzón, do Bloque Nacionalista Rural-NC.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Gáldar depende en gran parte dos cultivos de plátano que ocupan o seu teritorio. Tamén cómpre engadir unha considerable actividade comercial. As praias de Sardina e Agujero son das mellores praias do municipio e coñecidas nas Illas Canarias. O municipio está

Poboación[editar | editar a fonte]

Faro Nova Sardiña en Gáldar
Praza de Santiago en Gáldar
Plataneiro en Gáldar

A superficie de Gáldar é de 61,59 km² e ten unha poboación de 23.453 habitantes, repartidas en 24 entidades de poboación. A súa densidade é de 380,79 hab./km². As principais poboacións de Gáldar son:

  • Barranco Hondo de Arriba
  • Barranco Hondo de Abajo
  • Tablado
  • Juncalillo
  • Fagajesto
  • Caideros de San José
  • Saucillo
  • Hoya de Pineda
  • La Agazal
  • Los Quintana
  • Piso Firme
  • San Isidro
  • Nido Cuervo, Marmolejos
  • Llano de Caleta y Sobradillo
  • Barrial
  • Sardina
  • Becerril
  • Caleta de Arriba
  • Palma de Rojas
  • Anzofé
  • La Montaña
  • Cañada Honda
  • El Salón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Gran Canaria