Santa Lucía de Tirajana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Santa Lucía de Tirajana é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado no sueste da illa de Gran Canaria. Áchase entre os municipios de San Bartolomé de Tirajana (do cal sepárao o barranco de Tirajana) e Agüimes (do que está separado polo barranco de Balos).

Posúe dúas zonas con características ben diferenciadas:

  • A costa (chairos de Sardiña), onde actualmente vive case toda a súa poboación, na que destacan os núcleos urbanos de Sardiña del Sur, Vecindario e o pago de Pozo Izquierdo (onde se celebran anualmente probas valedoiras para o campionato mundial de windsurf).
  • O cume (caldeira de Tirajana), zona de poblamiento máis escaso e tamén máis tradicional, co pago de Santa Lucía (cabeceira municipal).

A súa principal actividade económica é o comercio, acompañada da agricultura (tomate, flores, etc., cultivados principalmente en invernadoiros), aínda que gran parte da poboación traballa no sector turístico de San Bartolomé de Tirajana ou en pequenas industrias locais (sobre todo, no veciño polígono industrial de Arinaga, pertencente ao municipio de Agüimes).

Forma unha mancomunidade municipal (Mancomunidade do Sueste) cos municipios de Agüimes e Ingenio, comarca que desde a chegada á democracia en España coñeceu un intenso desenvolvemento demográfico, económico e social.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]