Arucas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arucas
Arucas.jpg


Situación xeográfica
Gran Canaria municipio Arucas.svg
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia Provincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas
Illa Flag of Gran Canaria.svg Gran Canaria
Xeografía
Altitude 400 msnm
Superficie 33,01 km²
Poboación
Poboación 36.872 hab. (2011)
Densidade 1.116,99 hab/km²
Xentilicio Aruquense
Información
Código postal
Alcalde Ángel Victor Torres (PSOE)
Páxina web www.arucas.org

Arucas é un municipio español pertencente a provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado no norte da illa de Gran Canaria.

Destaca dentro do seu patrimonio histórico-artístico a igrexa de San Xoán Bautista, coñecida popularmente como a catedral de Arucas: aínda que a súa configuración inicial data do século XVII, a igrexa actual foi levantada en estilo neogótico de nova planta a principios do século XX. No seu interior garda un considerable tesouro artístico, con pezas escultóricas de procedencia italiana, pinturas flamencas e da escola andaluza, e obras de Cristóbal Hernández de Quintana.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista de Arucas

O nome da localidade provén da tradución que fixeron os casteláns do topónimo aborixe "Arehucas". A cidade está asentada sobre un val, orixinariamente chan mariño que ao xurdir o volcán da Montaña de Arucas foi pechado formando unha lagoa.

En 1894 alcanza a categoría de cidade por graza da entón raíña rexente María Cristina, en mérito ao seu crecemento e laboriosidade.

A cidade áchase ao pé da montaña de Arucas, un volcán apagado no que hai un miradoiro con vistas excelentes cara aos catro puntos cardinales e que exhibe un aspecto moi peculiar: parece que ten nun lado unha especie de pegada xigante.

A agricultura foi desde sempre a principal riqueza económica de Arucas, destacando hoxe día as amplas veigas de cultivo de plátanos.

O municipio posúe varios parques señoriales como o parque municipal de Arucas(coñecido como Parque Gourie), xunto ao casco histórico, ou o xardín da Marquesa, xardín botánico que data do século XIX.

Nesta cidade elabórase o ron mel, procedente da cana de azucre.

O termo municipal de Arucas comprende outras poboacións, como Bañaderos, La Montañeta, la Fula, Cardones, Trapiche, Visvique, Los Portales, Santidad, etc.

Poboación[editar | editar a fonte]

Ano Poboación Densidade
1991 26.974 -
1996 29.179 -
2001 32.466 983,81/km²
2002 32.917 -
2003 33.449 1.013,3/km²
2004 33.701 1.009,31/km²
2005 - -
2006 34.874 1.056,47/km²
2007 35.280 1.068,77/km²
2008 35.542 -

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]