Betancuria
| Betancuria | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | |
| Illa: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 395 msnm |
| Superficie: | 103,64 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 823 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 7,94 hab/km² |
| Xentilicio: | Betancuriano, na |
| Información | |
| Código postal: | 35637 |
| Alcalde: | Marcelino Cerdeña (CC) |
| Sitio na web: | www.aytobetancuria.org/ |
Betancuria é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado na costa oeste da illa de Fuerteventura.
Índice |
Historia[editar]
O seu nome débese ao normando Jean de Bethencourt, quen a fundou xunto con Gadifer de la Salle en 1404. O val de Betancuria foi o primeiro asentamento da illa. Desde a conquista, Betancuria converteuse na capital e sede de diversos órganos de goberno, relixiosos e administrativos (cabido, xulgados, etc.).
En 1593 foi practicamente arrasada por unha invasión berberisca, sendo destruída a Igrexa Catedral de Santa María de Betancuria, aínda que foi reconstruída anos despois.
A partir do século XIX, Betancuria foi perdendo progresivamente poder a favor doutros núcleos de poboación (grazas ao seu desenvolvemento económico), como Pájara, La Oliva, Antigua ou Puerto de Cabras. Finalmente en 1834 perdería a capitalidade da illa.
Lugares de interese[editar]
Na ermida de Vega de Río Palmas atópase a imaxe da Nosa Señora da Pena, patroa de Fuerteventura. En setembro celébrase unha romaría na súa honra, de gran participación popular. Outro núcleo de poboación constitúeo o Valle de Santa Inés, onde se atopa a Ermida de Santa Inés, construída pouco logo da conquista.
A vila conta ademais cun Museo de Arte Sacra e o Museo Arqueolóxico e Etnográfico.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||