La Oliva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Oliva
Escudo de La Oliva.svg La-oliva band.png
Situación xeográfica
Fuerteventura municipio La Oliva.svg
Estado: España España
Comunidade autónoma: Canarias Canarias
Provincia: Provincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas
Illa: Flag of Fuerteventura.svg Fuerteventura
Xeografía
Altitude: 219 msnm
Superficie: 356,13 km²
Poboación
Poboación total: 22.351 hab. (2010)
Densidade de poboación: 62,76 hab/km²
Xentilicio: Olivero/a
Información
Código postal: 35630
Alcalde: Rosa Fernandes (PSC-PSOE)
Sitio na web: www.laoliva.es

La Oliva é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas Canarias. Está situado no norte da illa de Fuerteventura. La Oliva foi a capital da illa ata 1880.

Índice

Xeografía [editar]

Montaña de Tindaya.

Neste municipio atópanse dous parques naturais, o Parque Natural de Corralejo, que inclúe as súas singulares dunas, e o Parque Natural do Illote de Lobos, que comprende a illa de Lobos en toda a súa extensión, que lle pertence administrativamente.

A Montaña de Tindaya, un dos principais xacementos de manifestacións rupestres da illa, era considerada máxica polos guanches.

A vexetación do municipio está caracterizada pola matogueira espinos (como a aulaga ou a matamoros).

Destacan as praias do Cotillo e Corralejo o que permitiu o desenvolvemento turístico do municipio. Nas súas costas danse as condicións necesarias para a práctica de deportes como o surf, o windsurf, submarinismo, etc.

Demografía [editar]

Os principais núcleos poboacionais son Corralejo (13.618 habitantes), Villaverde (1.525 habitantes) e La Oliva (1.295 habitantes) (INE 2008).

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
2.464 2.287 1.964 2.250 3.790 10.578 22.351

Lugares de interese cultural [editar]

  • Casa de los Coroneles: fundada en 1650, en tempos señoriales, o edificio albergaba aos coroneis das milicias. Ostentaban o poder militar e a partir do século XVIII tamén o civil.
  • Casa de la Cilla: antigo almacén, actualmente é sede do Museo do gran. Este museo está dedicado ás tarefas agrícolas ao redor da obtención do gran.
  • Monumento a Unamuno: Miguel de Unamuno estivo desterrado uns meses en Fuerteventura en 1924. É obra do escultor Juan Borges Linares e está situada en Montaña Queimada.
  • Centro de Arte Canario: expón arte contemporánea desenvolvido por artistas canarios.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]