Misiones, Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Misiones na Arxentina

Misiones é unha provincia situada no nordeste da Arxentina. Pola súa área, 29.801 km2, ocupa o posto vixésimo primeiro entre as provincias do país, superando tan só a Tucumán. No 2008 a súa poboación alcanzaba 1.077.981 habitantes. A súa capital é Posadas.

Misiones debe o seu nome ás misións xesuítas estabelecidas no seu territorio (reducións) e gobernadas por eles até o ano 1767, data na que foron expulsados dos territorios da coroa española.

[editar] Límites

Misiones limita polo norte e polo leste con Brasil, polo oeste con o Paraguai, e polo sur con a provincia de Corrientes.

[editar] Xeografía

Corrientes está caracterizado polo seu terreo quebrado, aínda que propiamente non é terreo montuoso. Porén os ríos escavaron vales numerosos. Os principais ríos son o Paraná, o Paraguai e o Iguazú, cada un deles provisto de innúmeros afluentes.

O clima é tropical de tipo húmido, con chuvias repartidas ao longo de todo o ano, o que propicia unha abundante vexetación boscosa.

[editar] Principais cidades

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas