Miguel Seco Seco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Seco Seco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1925 Editar o valor em Wikidata
Valdespino de Somoza, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 2009 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , veterinario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Miguel Seco Seco, nado en Valdespino de Somoza (Santiago Millas, provincia de León) o 29 de maio de 1925[1][2][3] e finado en Santiago de Compostela o 23 de xaneiro de 2009, foi un político galego do PPdeG, alcalde do Pino e deputado provincial da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Miguel Seco estivo destinado un tempo en Caldas de Reis

Veterinario de profesión, ingresou no Corpo de Inspección Veterinaria, sendo o seu primeiro destino por resolución do 26 de xullo de 1948 a localidade de Caldas de Reis[4]. En marzo de 1951 foi publicado o seu traslado á localidade salmantina de Palencia de Negrilla[5], pero este nomeamento foi revogado o 5 de abril para modificalo polo da localidade valisoletana de Villagarcía de Campos[6][2][7]. Por fin, en setembro de 1956 volveu concursar e obtivo o traslado á praza do Pino[8].

Foi nomeado alcalde do concello do Pino en 1970[9], así como máis tarde foi deputado provincial na Deputación da Coruña[10], posto este último que desenvolveu durante máis de dúas décadas. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática, formación impulsada polo político Manuel Fraga. O concello do Pino foi un dos catro da provincia que presentaron ás eleccións unha soa candidatura neste ano[11], polo que, obviamente, Miguel Seco obtivo a alcaldía, tomando posesión do cargo o 19 de abril de 1979[12]. Miguel Seco sempre concorreu nas eleccións piñeiras da man dos partidos e coalicións lideradas polo político vilalbés. Volveu ser elixido nas convocatorias de 1983, 1987 e 1991, primeiro por AP e despois polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. En 1989 ocupou o posto de suplente 3º nas listas ao Congreso nas eleccións xerais de España de 1989[13], aínda que finalmente non chegou acadar o posto durante a lexislatura.

Placa conmemorativa na casa do concello do Pino de 1978

En 1995 volveu encabezar as listas do PP no Pino[14], gañando as eleccións. Tomou posesión o 17 de xuño, aínda que non completou o mandato porque foi censurado polo seu propio grupo político[15] e obrigado a renunciar ao cargo o 7 de marzo de 1997[16] para ser substituído como alcalde polo número 2 da candidatura, Manuel Taboada Vigo[17]. Tras isto, Miguel Seco retirouse da vida política activa. En xuño deste último ano recibiu o ingreso na Orde Civil de Sanidade na categoría de encomenda, co título de comendador[18].

Durante o seu mandato inaugurouse o 27 de xaneiro de 1978 a actual casa do concello do Pino, que segue as liñas do chamado estilo internacional, moi de moda nos anos 70[19]. O proceso de adxudicación das obras deu comezado pouco máis dun ano antes, a finais de 1976[20]. Por outra banda, en 1975 iniciáronse as obras do CPI Camiño de Santiago[21]. As obras foron costeadas polo Ministerio de Eduación e Ciencia como centro de Educación Xeral Básica e dotada de dezaseis unidades mixtas para albergar un total de seiscentos alumnos, ascendendo o orzamento a uns trinta millóns de pesetas (pouco máis de 180.000 euros)[22], sendo inaugurado pouco tempo despois.

Miguel Seco faleceu en xaneiro de 2009 en Santiago de Compostela, sendo enterrado na súa localidade natal[23][3].


Predecesor:
-
 
Alcalde do Pino
 
19701997
Sucesor:
Manuel Taboada Vigo

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Relación numérica definitiva del Cuerpo de Inspectores municipales Veterinarios" (PDF). Boletín Oficial del Estado. Suplemento al número 272 (en castelán) (Madrid): 18. 29-9-1950. Consultado o 20-8-2020. (Número de orden) 2416. ... (Nombre y apellidos) D. Miguel Seco Seco ... (Fecha de nacimiento) 29 5 1925 ... (Observaciones) 2.523 E. Oposición. 
  2. 2,0 2,1 "Escalafón del Cuerpo de Inspectores Municipales Veterinarios". Boletín Oficial del Estado. Suplemento al número 276 (en castelán) (Madrid): 27. 3-10-1951. Consultado o 20-8-2020. (Número de orden) 1994. ... (Nombre y apellidos) D. Miguel Seco Seco ... (Fecha de nacimiento) 29 5 925 ... (Destino) Villagacía de Campos (Valladolid). 
  3. 3,0 3,1 O xornal compostelano El Correo Gallego publicou que faleceu aos 87 anos, o que supondría que naceu en 1921 ("Profundo pesar por la muerte de Miguel Seco, ex alcalde de O Pino". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 24-1-2009. Consultado o 19-8-2020. ).
  4. "Ministerio de Agricultura. Dirección General de Ganadería. Resolución del concurso general de Inspectores municipales Veterinarios de la categoría de oposición convocado por Orden ministerial de 30 de abril de 1948 (BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO de 7 de mayo de 1948), con expresión del número en el escalafón y destino que les corresponde" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán) (Madrid): 3933. 14-8-1948. Consultado o 20-8-2020. 
  5. "Ministerio de Agricultura. Dirección General de Ganadería. Resolviendo el concurso entre Inspectores Municipales Veterinarios convocado por Orden de 7 de octubre de 1950" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán) (Madrid): 1146. 16-3-1951. Consultado o 20-8-2020. (Número de orden) 2416. ... (Solicitante) D. Miguel Seco Seco ... (Plaza adjudicada) 1ª Palencia de Negrilla (Salamanca). 
  6. "Dirección General de Ganadería. Resolución de la reclamaciones presentadas contra de la relación del concurso de prelación para cubrir plazas entre Inspectores Municipales Veterinarios convocado por Orden ministerial de 7 de octubre de 1950 y resuelto el 26 de febrero de 1951 (BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO de 16 de marzo)" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán) (Madrid): 1633. 12-4-1951. Consultado o 20-8-2020. 
  7. "Administración pública. Nombramiento de inspectores veterinarios". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 15-4-1951. p. 6. 
  8. "Disposiciones oficiales. Provisión de vacantes de veterinarios titulares. Creación de escuelas". La Noche (en castelán) (Santiago). 25-10-1956. Consultado o 20-8-2020. 
  9. "Agasajo al nuevo alcalde de El Pino". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 15-9-1970. p. 12. Consultado o 21-8-2020. Con motivo de haber sido nombrado alcalde de El Pino, en el Restaurante Alameda será obsequiado con un almuerzo por sus amistades el veterinario don Miguel Seco 
  10. "Novas". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). 29-5-1991. p. 14. (...) y Miguel Seco Seco, en O Pino (A Coruña), quien desde hace 18 años es diputado provincial 
  11. "Normalidad electoral en Santiago". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 4-4-1979. p. 18. 
  12. Ministerio de Administracións Públicas de España (ed.). "Elecciones Municipales 1979. Alcaldes de Galicia". mptfb.gob.es (en castelán). Madrid. Arquivado dende o orixinal (xls) o 10-01-2020. Consultado o 20-8-2020. 
  13. "Junta Electoral de Coruña (La). Congreso de los Diputados". BOE (en castelán) (Madrid): 29988. 24-9-1989. Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 20-8-2020. 
  14. "Elecciones municipales 1995. Junta Electoral de Zona de Santiago. Municipio de O Pino" (PDF). Boletín Oficial Provincia de A Coruña (en castelán): 3016. 26-4-1995. 
  15. "GALICIA. MIGUEL SECO SECO Alcalde de 0 Pino, censurado por su propio grupo del PP, su partido "de toda la vida"". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). 6-3-1997. p. 33. Mañana jueves, 6 de marzo de 1997, el PP de 0 Pino dice que los presidirá Miguel Seco, quien ha dejado su futuro en las manos de su sus propios compañeros en O Pino, el grupo que le ha presentado la moción. "Esto es algo similar a lo que le hizo Barreiro a Fernández Albor", explica Seco, quien en el grupo popular del ayuntamiento se resigna 
  16. "GALICIA". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). 8-3-1997. p. 34. (...) la dimisión del alcalde Miguel Seco Seco, quien gobernaba en el ayuntamiento desde 1970. 
  17. Ministerio de Política Territorial e Función Pública (ed.). "Alcaldes de la legislatura de 1.995 a 1.999". mptfb.gob.es (en castelán). Madrid. Arquivado dende o orixinal (xls) o 06-12-2021. Consultado o 20-8-2020. 
  18. "Orden de 23 de junio de 1997 por la que se concede la Encomienda de la Orden Civil de Sanidad a don Miguel Seco Seco". Boletín Oficial del Estado (en castelán) (Madrid). 4-7-1997. Consultado o 19-8-2020. 
  19. Lizancos Mora, Plácido; Agrasar Quiroga, Fernando; del Río Surribas, Juan Manuel; Marqués Solla, Carlos (2006). "O Pino. Arquitectura original levantada con los recursos del llamado estilo internacional". Casas consistoriales de Galicia (en castelán). A Coruña: La Voz de Galicia. p. 222. Es éste un original edificio, expresivo de un modo de hacer con escasa implantación en Galicia como fue la de intentar, con los recursos propios del llamado estilo internacional acometer el diseño de edificios públicos en lugar de recurrir para ello a los lenguajes más próximos a la arquitectura doméstica o bien a los tomados de la tradición paciega. Arquitectura llamativa, su expresividad procede de una osada volumetría, hoy algo distorsionada por la superposición de ampliaciones. 
  20. "El Ayuntamiento de El Pino tendrá una nueva Casa Consistorial". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 6-11-1975. p. 17. Consultado o 21-8-2020. 
  21. "Referencia catastral 2010212NH5511S0001DF". Sede Electrónica del Catastro (en castelán). Consultado o 31-8-2020. 
  22. "El ayuntamiento de El Pino tendrá nueva casa consistorial". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 6-11-1975. p. 17. 
  23. "Fallece en Santiago el ex alcalde de O Pino Miguel Seco Seco". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 24-1-2009. Consultado o 19-8-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]