Zoroastro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zoroastro é o persoaxe que sostén a esfera, detalle de A escola de Atenas de Rafael.

Zoroastro (grego Ζωροάστρης, Zōroastrēs) ou Zaratustra (avesta: Zaraθuštra), tamén denominado Zartosht (Persa زرتشت), foi un antigo profeta iranio, fundador do Zoroastrismo, unha relixión que foi a relixión nacional do Imperio Sasánida de Persia; é aínda hoxe practicada predominantemente pola comunidade Parsi da India.

Historia[editar | editar a fonte]

Acéptase xeralmente que Zoroastro foi unha auténtica figura histórica, mais o período en que de certo viviu non está aínda claro. Moitos autores aceptan situalo cara -1200, facéndoo candidato a fundador da máis antiga relixión baseada nunha escritura revelada, mentres outros o sitúan entre o século -XVIII e o século -VI

Segundo as narracións que conservaran o recordo desta figura relixiosa e filosófica, o xove Zoroastro, fillo do sacerdote Porushaspa, debendo seguir os pasos de seu pai, comezou a celebrar os rituais relixiosos profesados pola súa tribo, consistentes, por falta dun lugar sagrado, en cantos de louvanza e sacrificios ao aire libre. Á idade de vinte anos, non satisfeito con aquela vida espiritual, retirouse ao deserto a meditar e chegou - en pleno estado de éxtase - a ter visións, durante as cales se lle apareceu o señor da sabedoría, Ahura Mazda (Ohrmazd en pahleví), príncipe do ben, quen lle ordenou combater contra o príncipe do mal, Ahriman.

O elemento esencial do dualismo de Zaratustra é a distinción entre ben e mal, distinción que non só mira o ser humano, senón ao mundo enteiro. Se ao humano se contrapón o inhumano, ao espírito sabio se contrapón o malvado e á verdade se contrapón a mentira. O mundo é entendido como dividido entre pares de antagonistas.

Zaratustra concibe unha única divindade omnipotente e creadora, Ahura Mazda; mais non é certa a concepción monoteísta que se lle atribúe, visto que se afirma sobre unha doutrina dualística, que contrapón os dous espíritos do ben e do mal, desde o inicio do mundo e en antítese perenne entre eles, influíndo o obrar humano.

O nosa fonte de coñecemento sobre Zoroastro vén do Avesta.