Adi Shankara

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Shankara, estatua no Shankaracharya Mandir, Allahabad
Shankara, estatua no Shankaracharya Mandir, Allahabad

Adi Shankara (Devanāgarī: आदि शङ्कर, Ādi Śaṅkara, IPA: [aːd̺i ɕaŋkara]; Malayalam: ആദി ശങ്കരാ), tamén chamado Shankaracharya, foi o primeiro filósofo que consolidou a doutrina Advaita Vedanta, unha escola do Vedanta na India.

[editar] Ensinos

Os seus ensinos baséanse na unidade da alma con deus, na cal, deus é visto como simultáneo e persoal aos seus atributos.

Na tradición Smarta, Adi Shankaracharya é recoñecido como unha encarnación de Shiva. Tamén é coñecido por fundar as 10 ordes tradicionais de monxes hinduès, agora chamados Swamis.

O seu nome, Adi Shankara, fai referencia tamén a ser "o primeiro (Adi) na súa liñaxe", e isto é atribuíble a que actualmente en India atópase un sucesor pontificio en cada unha das ordes que el fundou.

Paramahansa Yogananda refírese a el, nas súas obras, como "swami Shankara".

Templo vidyasankara, en Sringeri.
Templo vidyasankara, en Sringeri.

[editar] Bibliografía

  • Martín Diza, Consuelo: Bhagavad Gita con los comentarios advaita de Śankara. Madrid: Trotta, 1997 [5.ª edición: 2007]. ISBN 9788481645453
  • —, Brahma-sutras. Con los comentarios advaita de Śankara. Madrid: Trotta, 2000. ISBN 9788481643855.
  • —, Conciencia y realidad. La Mandukya Upanisad con las karika de Gaudapada y los comentarios de Śankara. Madrid: Trotta, 1998. ISBN 9788481642698
  • —, Discernimiento. Estudio y comentario del tratado Drig-Driśya-Viveka de Śankara. Madrid: Trotta, 2006. ISBN 9788481648430.
  • —, Gran Upanisad del Bosque con los comentarios advaita de Śankara. Madrid: Trotta, 2002. ISBN 9788481645484.
  • —, Upanishad con los comentarios advaita de Śankara. Madrid: Trotta, 2001. ISBN 9788481644531.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais