Melanitta stejnegeri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Melanita stejnegeri

Macho adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Merginae
Xénero: Melanitta
Especie: M. stejnegeri
Nome binomial
Melanitta stejnegeri
(Ridgway, 1887)
Sinonimia
Véxase o texto

Melanitta stejnegeri é unha especie de pato mergullador mariño da orde das anseriformes, familia dos anátidos, e subfamilia dos merxinos, unha das seis integradas no xénero Melanitta.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1887 polo ornitólogo estadounidense Robert Ridgway baixo o nome binomial Oidemia stejnegeri.[2][3][4]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Melanitta.

O epíteto específico, stejnegeri, escolleuno Ridgway para honrar ao ornitólogo noruegués Leonhard Hess Stejneger.[5]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñecesue polos sinónimos:[3][4]

  • Melanitta fusca stejnegeri (Ridgway, 1887)
  • Melanitta deglandi stejnegeri (Ridgway, 1887)

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Antigamente considerábase conespecífica con Melanitta deglandi. Suxeriuse que era unha especie completa, segundo un novo estudo.[6]

Características[editar | editar a fonte]

Hai unha serie de características que diferencian a esta especie de Melanitta deglandi. Os machos desta última especie teñen os flancos máis marróns, unha cor amarela escura na maior parte do pico e o bulbo do pico menos alto, que se aproxima ao de Melanitta fusca. Melanitta stejnegeri ten un bulbo moi alto na base do seu pico, maioritariamente amarelo alaranxado. As femias son idénticas.[7]

Distribución[editar | editar a fonte]

Melanitta stejnegeri cría no extremo norte de Asia, ao leste da conca do río Ienisei. Inverna máis ao sur en zonas temperadas, en Asia, no sur até a China. Forma grandes bandadas en augas costeiras adecuadas. Nestas bandadas están moi xuntos e tenden a engalar todos á vez.

Comportamento e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Alimentación[editar | editar a fonte]

En augas doces, esta especie aliméntase principalmente de crustáceos e insectos, mentres que nas zonas de auga salgada aliméntase de moluscos e crustáceos.

Ameazas[editar | editar a fonte]

Melanitta stejnegeri é moi susceptíbel á captura incidental nas redes de pesca e é probábe que tamén sexa capturada con artes de pesca abandonadas, como se observa para outras especies patos mergulladores.[8] A especie tamén pode sufrir a competencia dos recursos coas pesqueiras comerciais que explotan organismos bentónicos mariños e mariscos.[9]

Espérase que o cambio climático afectará a esta especie de varias maneiras. A teledetección mostrou o encollemento e a desaparición dos lagos de Siberia que acollen importantes zonas de cría para esta especie.[10] En xeral, prevese que o cambio climático provocará cambios importantes nos hábitats da rexión ártica.[11] A diminución da duración da capa de neve de primavera estivo relacionada co descenso das poboacións de patos en América do Norte e isto probablemente débese ao desaxuste da cadea trófica, polo que tamén pode afectar ás poboacións siberianas.[12] A acidificación dos océanos pode provocar descensos dos moluscos que forman unha gran parte da dieta de Melanitta stejnegeri.[13][14]

Durante a muda e as agrupacións de inverno, a especie é altamente susceptíble ás verteduras de hidrocarburos e outros contaminantes mariños,[15][9] e unha vertedura catastrófica de hidrocarburos podería destruír unha gran proporción da poboación mundial se ocorrese nunha zona clave de muda ou invernada.[16]

A explotación de petróleo e gas natural é unha ameaza xeneralizada no Ártico e é probable que aumente no futuro, coa explotación humana dos recursos naturais na taiga e as rexións da tundra diminuirá a súa zona de reprodución por degradación do hábitat.[9]

Existe un pequeno risco de que futuros brotes de gripe aviar supoñan un risco para a especie;[17] porén, a enfermidade é principalmente asintomática nas aves silvestres e non hai rexistros de mortalidade significativa nesta especie.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, e a pesar de que a tendencia da poboación parece estar en diminución, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia da poboación, e que o tamaño da poboación é extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, avalía o status da especie LC (pouco preocupante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2018): Melanita stejnegeri na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 21 de novembro de 2022.
  2. Ridgway, Robert (1887): A Manual of North American Birds. Philadelphia: Lippincott. p. 112.
  3. 3,0 3,1 Melanitta stejnegeri (Ridgway, 1887) no GBIF. Consultado o 21 de novembro de 2022.
  4. 4,0 4,1 Melanitta stejnegeri (Ridgway, 1887) na BioLib. Consultada o 21 de novembro de 2022.
  5. Jobling, J. A. (2019). del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D. A.; de Juana, E. (eds.). "stejnegeri". Handbook of the Birds of the World Alive: Key to Scientific Names in Ornithology. Barcelona: Lynx Edicions.
  6. "Siberian Scoter (Melanitta stejnegeri)" En "Birds of the World". The Cornell Lab of Ornithology.
  7. del Hoyo, J., Collar, N. & Kirwan, G. M. (2017): "Siberian Scoter (Melanitta stejnegeri)". En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds.) Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN ISBN 84-8733-437-7.
  8. Good, T. P., June, J. A., Etnier, M. A. & Broadhurst, G. (2009): "Ghosts of the Salish Sea: threats to marine birds in Puget Sound and the Northwest Straits from derelict fishing gear". Marine Ornithology 37 (1): 67-76.
  9. 9,0 9,1 9,2 Kear, J. (2005): Ducks, geese and swans. Volume 2: species accounts (Cairina to Mergus). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-4645-0.
  10. Smith, L. C., Sheng, Y., MacDonald, G. M., & Hinzman, L. D. (2005): "Disappearing arctic lakes. Science 308: 1429-1429.
  11. Fox, A. D. et al. (2015): "Current and Potential Threats to Nordic Duck Populations — A Horizon Scanning Exercise". Annales Zoologici Fennici 52 (4): 193-220.
  12. Drever, M. C. et al. (2011): "Population vulnerability to climate change linked to timing of breeding in boreal ducks". Global Change biology 18 (2): 480-492.
  13. Steinacher, M. et al. (2009): "Imminent ocean acidification in the Arctic projected with the NCAR global coupled carbon cycle-climate model". Biogeosciences 6: (515-533).
  14. del Hoyo, J., Collar, N. & Kirwan, G. M. (2017): "Siberian Scoter (Melanitta stejnegeri). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds.) Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions.
  15. del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Sargatal, Jordi, eds. (1992): Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
  16. Madge, Steve & Burn, Hilary (1988): Wildfowl: An Identification Guide. London: Christopher Helm. ISBN 978-0-7470-2201-5.
  17. Melville, D. S. & Shortridge, K. F. (2006): "Migratory waterbirds and avian influenza in the East Asian-Australasian Flyway with particular reference to the 2003-2004 H5N1 outbreak". En: G. Boere, C. Galbraith & D. Stroud (eds.) Waterbirds around the world

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi (1992): Handbook of the Birds of the World. Volume 1 Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
  • Sibley, David Allen (2000): The Sibley Guide to Birds. New York: Alfred A. Knopf. ISBN 978-0-6794-5122-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]