Robert Ridgway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRobert Ridgway

Robert Ridgway sentado no seu escritorio,
lendo un libro.
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1850
Mount Carmel, Illinois
Morte25 de marzo de 1929
Olney, Illinois
Datos persoais
ResidenciaLarchmound (en) Traducir (1913–1929) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeestadounidense
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnaturalista, ornitólogo
EmpregadorSmithsonian Institution
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
31 de maio de 1899Harriman Alaska Expedition (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaRidgway Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJohn L. Ridgway (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos
Medalla Daniel Giraud Elliot (1919)
Medalla Brewster (1921)
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Robert Ridgway, nado o 2 de xullo de 1850 en Mount Carmel, Illinois, e finado o 25 de marzo de 1929 en Olney, no mesmo estado de Illinois, foi un naturalista e ornitólogo estadounidense.

Trayectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Mount Carmel, Illinois, Ridgway foi un protexido do zoólogo Spencer Fullerton Baird, quen, cando foi nomeado secretario da Smithsonian Institution, propuxo a Ridgway como primeiro conservador a tempo completo de aves do U.S. National Museum. Neste posto Ridgway serviu desde 1880 até a súa morte en 1929.

Ridgway publicou un dos primeiros e máis importantes sistemas de cores para a identificación de aves, no seu libro de 1886 A Nomenclature of Colors for Naturalists (Boston: Little, Brown & Co.)

En 1912 publicou unha obra aínda maior sobre nomenclatura de cores, Color Standards and Color Nomenclature, co diñeiro que conseguiu do seu amigo José Zeledón, de Costa Rica. Ornitólogos de todo o mundo continúan citando os libros de Ridgway sobre a cor.

Na primavera de 1867, á idade de 16 anos, Ridgway foi contratado como naturalista do estudo de Clarence King. Neste estudo, no que permaneceu case dous anos, Ridgway recolleu moitos espécimes de aves, e foi un dos membros principais dos catro grandes estudos do Oeste norteamericano. Á súa volta á Smithsonian, traballou de forma informal até que foi formalmente nomeado conservador de ornitoloxía. Aínda que Ridgway só cursou o bacharelato, era moi elocuente e tiña amplos coñecementos de forma que serviu moitos anos coma voceiro da Smithsonian. Os seus amigos e colegas describírono como patoloxicamente tímido e, en xeral, evitou a publicidade e ser o foco de atención.

Ridgway foi coautor (xunto con Thomas Mayo Brewer e Spencer Fullerton Baird) de History of North American Birds (Boston, 1875-1884; Land Birds, 3 vols., Water Birds, 2 vols). Tamén escribiu outros libros e monografías, e máis de 450 artigos en revistas científicas.

En 1899 uniuse a E. H. Harriman na súa famosa exploración da costa de Alasca, onde acompañou a John Muir e a outros moitos naturalistas e científicos.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Ridgway emprégase para recoñecer a Robert Ridgway como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Ridgway emprégase para recoñecer a Robert Ridgway como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honores[editar | editar a fonte]

Distincións[editar | editar a fonte]

  • Medalla Daniel Giraud Elliot (1919)
  • Medalla Brewster (1921)

Epónimos[editar | editar a fonte]

Aves
Xénero
Especies de aves
Vexetais
Especies vexetais

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rhodora 1929, xxxi. 37, hybr. (IK)
  2. J. Arnold Arbor. vi. 2 1925 (IK)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]