Maxim Gorki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotografía autografada de Maxim Gorki.

Maxim Gorki, Максим Горький, foi o pseudónimo utilizado por Aleksei Maksimovich Peshkov, en ruso Алексей Максимович Пешков), nado en Nijni Novgorod o 28 de marzo de 1868 e finado en Moscova o 18 de xuño de 1936, foi un escritor ruso identificado co movemento revolucionario soviético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Aleksei Peshkov era fillo dun tapiceiro que con moito traballo e esforzo mellorou máis tarde a súa posición social. Gorki empezou desde neno a desempregar oficios variados, ata que decidiu abandonar o fogar paterno para facer a súa vida independentemente. No trascurso de 18 anos, entre 1875 e 1893, o autor traballou como empregado de pintor, axudante de panadeiro, camareiro de barco, empregado de ferrocarrís e mesmo como vendedor de bebidas.

Toda a experiencia acumulada ó longo desa época enriquecería máis tarde a bagaxe temática do escritor. De feito, as súas vivencias e as das personas coas que traballou e conviviu deron vida ós relatos das súas obras autobiográficas Infancia, Entre os homes e As miñas entrevistas.

Unha das súas experiencias, a súa permanencia como pasante de avogado, foi a que despertou o seu gusto pola literatura e o seu interese pola cultura. En adiante, a lectura foi actividade crucial nos seus días e máis tarde deu vida ás súas primeiras narracións: Makar-Tchudra (1892) ou Tchelkach (1895).

A súa obra[editar | editar a fonte]

Selo conmemorativo dedicado ó escritor.

A obra de Maxim Gorki medrou axiña. Xa en 1898 reunira a súa produción narrativa en dous volumes. A súa persona era cada vez máis popular, os seus contos agradaban ó público e a súa fama trascendera as fronteiras para levar o seu nome por toda Europa.

Entón, tamén as súas producións teatrais Pequenos burgueses e Os baixs fondos acadaron o éxito. Foron levadas a escena en 1902 no Teatro de Artes de Moscova e máis tarde recorreron os mellores escenarios de Europa. Estas obras de teatro empregaron innovadoramente técnicas naturalistas estruturando unha serie de tramas paralelas nas que practicamente tódolos personaxes tiñan a mesma importancia.

Noutros campos seguiu acadando novos logros. Da narrativa curta pasou á de longo alcance con novelas como “Varen’ka Olesova” (1898), Foma Gordeev (1899) e Os tres (1900).

En San Petersburgo estableceu contacto con destacados marxistas que o motivaron a volver a vista cara aos problemas sociais, convencéndoo da conveniencia do movemento revolucionario. Tamén na súa obra plasmou a súa simpatía con estes ideais, como o amosan os seus dramas O canto do petrel, Os veraneantes, Os fillos do sol, Os inimigos ou Os bárbaros. Porén, a censura recaeu sobre algúns deles. Foi nomeado membro honorario da Academia Imperial de Ciencias, pero en 1902 foille anulado o posto a causa de diverxencias políticas. Porén, Maxim Gorki non estaba disposto a ceder nos seus ideais e seguiu apoiando á Revolución, o que o levou ó carcere.

En 1907 mudouse a Capri por severos problemas de saúde. Ese mesmo ano e nese mesmo lugar escribiu a súa obra máis popular, A nai, na que relata a evolución do pensamento da nai dun obreiro socialista, así como o entorno da Rusia revolucionaria. Na illa italiana formou un centro de emigración revolucionaria ata pouco antes de estallar a Primeira Guerra Mundial. Mentras tanto, a súa fama ía en decadencia e el mismo sofría unha crise de identidade influenciado polas ideas de Tolstoi.

Ó estallar a Revolución Rusa en 1917 encontrábase na súa patria, onde traballou activamente no ámbito cultural ata 1921, cando se traslada a Alemaña, onde permanece tres anos.

Despois estivo en Sorrento, e en 1928 regresa a Rusia, onde empeza a etapa da súa obra na que sustentou o réxime soviético. Maxim Gorki morreu en Moscova o 14 de xuño de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Maxim Gorki
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Maxim Gorki