Mark Beaumont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mark Beaumont

Mark Beaumont, nado en 1982 en Bridge of Cally, é un ciclista escocés

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado na localidade de Newburgh e licenciado en Economía e Política, saltou á fama logo de bater o record da volta ao mundo en bicicleta en 2008, para a que tardou 195 días e seis horas. Beaumont saíu e chegou a París e percorreu en dirección leste ao redor de 29.000 km.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Beaumont saíu de París o 15 de agosto de 2007. Atravesou no seu percorrido unha vintena de estados, e non foi unha volta perfecta, posto que usou outros medios de transporte ademais da bici incluso onde non era necesario. Ao partir de Francia, cruzou Bélxica, Alemaña, Polonia, Ucraína, Romanía, Bulgaria e entrou en Asia por Turquía. Sen entrar no Iraq ocupado, proseguiu a súa rota cara ao leste por Irán, Paquistán e India, onde saltou cara a Malaisia en avión. Alí descendeu ata Singapur e volveu a coller outro avión cara a Perth dende onde cruzou o continente pola liña da costa ata Brisbane. Logo percorreu as dúas illas de Nova Zelandia e voou a Seattle, nos Estados Unidos. Cruzou o país cara ao sur, seguiu de preto a fronteira mexicana en dirección leste e en Miami colleu un avión cara a Lisboa. Chegou a París de volta o 15 de febreiro de 2008, logo de cruzar España. Non pasou por Galicia.

O récord anterior levara 276 días, case tres meses máis cá marca de Beaumont.