Maria Gaetana Agnesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maria Gaetana Agnesi
Maria Gaetana Agnesi
matemática, lingüista e filósofa
Nacemento: 16 de maio de 1718
Milán Italia Italia
Falecemento: 9 de xaneiro de 1799
Milán Italia Italia


Maria Gaetana Agnesi, nada o 16 de maio de 1718 e finada o 9 de xaneiro de 1799, foi unha matemática, lingüista e filósofa italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Agnesi acreditouse co seu primeiro libro, no que discute o cálculo diferencial e integral. Dous anos máis tarde, o seu pai comezou a reunir na casa de xeito periódico ás persoas máis cultas de Boloña, con quen ela mantivo diversas discusións. Resumes desas reunións recolléronse en “Cartas sobre Italia” e en “Proposicións Filosóficas”, que o seu pai publicou no 1738. Ademais, ós trinta anos, falaba entre outras linguas, grego, hebreo, francés, castelán e alemán. Foi membro honorario da Universidade de Bolonia.

O mellor resultado do seu traballo foi a “Instituzioni analitiche ad uso della gioventu italiana”, un traballo publicado en Milán en 1748. O seu primeiro volume trata da análise de cantidades finitas e o segundo da análise infinitesimal. Unha tradución francesa do segundo volume por P.T. d'Antelmy, con engadidos de Charles Bossut, apareceu en París no 1775; e unha tradución inglesa do conxunto do traballo de John Colson, profesor Lucasiano de matemáticas en Cambridge, foi publicado no 1801 a cargo do Baron Maseres. Tamén escribiu un comentario no Traité analytique des sections coniques of the marquis de l'Hôpital, o que, a pesar de ser gabado polas persoas que viron o manuscrito, non foi nunca publicado.

Discutiu a curva coñecida como "versiera", como a chamou en 1748. É definida como:y= 1/(x2+1) ou, en xeral, y= a3/(x2+a2)

A curva fora estudada antes por Fermat e Grandi no 1703.

En 1750 foi designada polo Papa Bieito XIV para o posto de matemáticas e filosofía natural en Boloña. Tras da morte do pai en 1752 dispúxose a efectuar algo longamente acariñado por ela: o estudo da teoloxía e dos Pais da Igrexa, pasando a integrarse nunha orde relixiosa, terminando así os seus días en 1799.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Maria Gaetana Agnesi

Outros artigos[editar | editar a fonte]