Laura Bassi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laura Bassi, nada o 31 de outubro de 1711 e morta o 20 de febreiro de 1778, foi unha médica italiana.
Traxectoria [editar]
Logrou o doutorado antes de ser profesora de anatomía na universidade de Boloña en 1731. Foi unha das primeiras mulleres que logrou un éxito semellante. É pioneira da introdución das ideas newtonianas en Italia, o que fixo tendo (e atendendo) 12 fillos.