San Javier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago de la Ribera, un dos núcleos costeiros do concello.

San Javier é un municipio da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia, España. Situado na comarca xeográfica do Mar Menor e é capital do Partido Xudicial de San Javier.

A súa extensión é de 74,2 km² e ten unha poboación de 30.653 habitantes, aínda que se multiplica notablemente na época estival. Posúe 23 km de costa ao Mar Menor e 16 km ao Mar Mediterráneo, e a súa altitude media é de 17 metros.

Está situado xunto á estrada nacional N-332 e a Autoestrada de peaxe AP-7 E-15. No seu termo municipal atópase o aeroporto de Murcia-San Javier.