Alcantarilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Roda de Alcantarilla co Museo etnolóxico ao fondo.

Alcantarilla é un municipio español da Rexión de Murcia. O seu termo municipal ten unha extensión de 16,24 km² e a súa poboación é de 41.326 habitantes (2010), cunha densidade de 2529,8 hab/km², sendo a máis alta da Rexión. A altura sobre o nivel do mar no centro urbano varía entre os 55 e os 95 metros.

As festas son en maio e a patroa de Alcantarilla é a Nosa Señora da Saúde.

Ten tamén gran arraigamento a súa Semana Santa, onde procesionan 11 Irmandades e Confrarías agrupadas na Xunta de Irmandades Pasionarias de Alcantarilla. Entre elas, a Real Irmandade do noso Pai Xesús Nazareno e Cristo do Calvario.

Nas proximidades do seu termo municipal aséntase a Base Aérea de Alcantarilla, base do EZAPAC (Escuadrón de Zapadores Paracaidistas do Exército do Aire) e da Escola Militar de Paracaidismo Méndez Parada.

O nome vén do árabe Al-qantara, ponte; co diminutivo castelán, quere dicir pontiña (aínda que realmente e ao estar pouco estendido pouca xente sabe isto). Denominárona Qantara-Asqabach, ou Ascayata, traducido como a ponte máis próxima, á que alude Al-Idrisi, entre Murcia e Librilla, no camiño de Almería no século XII.