Liga ABA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liga ABA
Liga do Adriático
Cibona vs Partizan NLB League Final 2010.JPG
Fundación 2001
Rexión Bosnia e Hercegovina Bosnia e Herc.
Croacia Croacia
Flag of Slovenia.svg Eslovenia
Flag of Israel.svg Israel
Flag of Montenegro.svg Montenegro
Flag of Serbia.svg Serbia
Equipos 14
Actual campión Flag of Serbia.svg KK Partizan
Máis laureado Flag of Serbia.svg KK Partizan (5 títulos)
Sitio web www.adriaticbasket.infom

A Liga ABA, tamén coñecida como a Liga do Adriático, e até 2011 como NLB Liga ABA, é unha competición de baloncesto profesional de máximo nivel na que xogan equipos de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Montenegro e Serbia, todas eles repúblicas da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia, e eventualmente de Israel e da República Checa. A Liga é un proxecto privado fundado no ano 2001 pola compañía eslovena Sidro d.o.o. A liga convive coas competicións nacionais de cada país (Košarkaška liga Srbije, A1 Liga, Prvenstvo BiH, 1. SKL e Opportunity Liga). Tódolos equipos da competición únense ás súas respectivas ligas a finais da primavera, cando a tempada regular e os play offs da NLB rematan.

A Adriatic Basketball Association (Asociación de Baloncesto do Adriático, ABA), creada pola empresa Sidro, é o corpo organizativo a liga, ademais de membro de pleno dereito da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) e da Euroliga, polo que esta liga pode ser considerada como unha versión local de toda a Euroliga, na cal tamén compiten algúns equipos desta competición, sendo os máis habituais o Partizan de Belgrado, a Cibona Zagreb e a Olimpija Liubliana. A Liga do Adriático inspirou a creación doutra similar nos estados do Báltico, coñecida como Baltic Basketball League.

Historia[editar | editar a fonte]

A liga foi fundada o 3 de xullo de 2001 con doce equipos, comezando a competición o outono dese mesmo ano. Estaba composta por catro equipos eslovenos, catro croatas, tres bosníacos e un da República Federal de Iugoslavia.

Na tempada 2002-03 deuse de baixa un equipo, ocupando o seu lugar unicamente durante ese ano o Maccabi Tel Aviv de Israel. A competición expandiuse a catorce equipos en 2005, e en 2006 asinou un contrato de patrocinio co Nova Ljubljanska Banka (NLB), banco que agora da nome á competición substituíndo a Goodyear como patrocinador oficial.

Competición[editar | editar a fonte]

Coma na meirande parte das ligas europeas, na temporada regular, os equipos xogan todos contra todos a dobre volta, xogando contra cada equipo na casa e fora. Os mellores equipos avanzan a unha segunda fase de playoffs, que é a que determina o campión.

Entre o 2002 e o 2004 celebrouse unha Final Four para decidir o campión, e dende 2005 son oito os equipos que se enfrontan a partido único en eliminatorias directas, sendo coñecida esta fase como a "Final Eight". É un xeito de que os equipos podan conxugar as súas participacións nas súas ligas respectivas e nas competicións europeas.

Equipos[editar | editar a fonte]

Os seguintes equipos son os correspondentes á tempada 2011-12.

País Equipos Equipo Cidade Pavillón Capacidade Títulos
Flag of Serbia.svg Serbia 4
KK Partizan Belgrado Hala Pionir 8.150 5
KK Hemofarm Vršac Millennium Center 5.000 1
KK Radnički Kragujevac Hala Jezero 5.320 0
KK Crvena zvezda Belgrado Hala Pionir 8.150 0
Flag of Slovenia.svg Eslovenia 4
KK Union Olimpija Liubliana Arena Stožice 12.480 1
KK Krka Novo mesto Leon Štukelj Hall 3.000 0
KK Helios Domžale Dvorana Komunalnega centra 2.180 0
KK Zlatorog Laško Tri Lilije Hall 2.500 0
Croacia Croacia 3
KK Cedevita Zagreb Sutinska vrela 2.000 0
KK Zagreb Zagreb Dražen Petrović Hall 5.400 0
KK Cibona Zagreb Dražen Petrović Hall 5.400 0
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina 1
HKK Široki Široki Brijeg Pecara 4.500 0
Flag of Montenegro.svg Montenegro 1
KK Budućnost Podgorica Morača Sports Center 5.000 0
Flag of Israel.svg Israel 1
Maccabi Electra Tel Aviv A Man de Elías 11.700 0

Campións[editar | editar a fonte]

Seareiros do KK Partizan, campión das catro últimas edicións.
Tempada Campión Finalista Resultado da final Sede da final Campión da liga regular V-D[1]
2001-02 Flag of Slovenia.svg Union Olimpija Flag of Slovenia.svg Krka 73 - 59 Flag of Slovenia.svg Ljubljana Flag of Slovenia.svg Union Olimpija 20-2
2002-03 Croacia Zadar Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv 91 - 88 Flag of Slovenia.svg Ljubljana Flag of Serbia.svg Crvena Zvezda 16-5
2003-04 Flag of Serbia.svg Reflex Croacia Cibona 71 - 70 Croacia Zagreb Croacia KK Cibona 20-6
2004-05 Flag of Serbia.svg Hemofarm Flag of Serbia.svg Partizan 89 - 76 Flag of Serbia.svg Belgrado Flag of Serbia.svg KK Hemofarm 22-8
2005-06 Flag of Serbia.svg FMP Flag of Serbia.svg Partizan 73 - 72 Bosnia e Hercegovina Sarajevo Flag of Serbia.svg Partizan 20-6
2006-07 Flag of Serbia.svg Partizan Flag of Serbia.svg FMP 85 - 83, 94 - 82 Ao mellor de tres Flag of Serbia.svg FMP 21-5
2007-08 Flag of Serbia.svg Partizan Flag of Serbia.svg Hemofarm 69 - 51 Flag of Slovenia.svg Ljubljana Flag of Serbia.svg Partizan 24-2
2008-09 Flag of Serbia.svg Partizan Croacia Cibona 63 - 49 Flag of Serbia.svg Belgrado Flag of Serbia.svg Partizan 23-3
2009-10 Flag of Serbia.svg Partizan Croacia Cibona 75 - 74 Croacia Zagreb Croacia Cibona 20-6
2010-11 Flag of Serbia.svg Partizan Flag of Slovenia.svg Union Olimpija 77 - 74 Flag of Slovenia.svg Liubliana Flag of Serbia.svg Partizan 18-8

Títulos por club[editar | editar a fonte]

Equipo Campionatos Finalista Anos campión Anos finalista
Flag of Serbia.svg Partizan
5
2
2007, 2008, 2009, 2010, 2011 2005, 2006
Flag of Serbia.svg KK Železnik
2
1
2004, 2006 2007
Flag of Serbia.svg Hemofarm
1
1
2005 2008
Flag of Slovenia.svg Olimpija
1
1
2002 2011
Croacia Zadar
1
2003
Croacia Cibona
3
2004, 2009, 2010
Flag of Slovenia.svg Krka
1
2002
Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv
1
2003
Campións da liga regular Anos que gañaron
Partizan
5
2006, 2008, 2009, 2010, 2011
Cibona
2
2004, 2010
FMP
1
2007
Hemofarm
1
2005
Crvena Zvezda
1
2003
Union Olimpija
1
2002

Recoñecementos individuais[editar | editar a fonte]

MVP[editar | editar a fonte]

Tempada MVP Equipo
2001-02 Croacia Marino Baždarić Croacia Triglav osiguranje
2002-03 Flag of the United States.svg Kenyan Weaks Flag of Slovenia.svg Pivovarna Laško
2003-04 Serbia e Montenegro Dejan Milojević Serbia e Montenegro KK Budućnost
2004-05 Serbia e Montenegro Dejan Milojević Serbia e Montenegro KK Partizan
2005-06 Serbia e Montenegro Dejan Milojević Serbia e Montenegro KK Partizan
2006-07 Flag of Serbia.svg Milan Gurović Flag of Serbia.svg Crvena zvezda
2007-08 Flag of Serbia.svg Tadija Dragićević Flag of Serbia.svg Crvena zvezda
2008-09 Croacia Ante Tomić Croacia KK Zagreb
2009-10 Flag of the United States.svg Chester Mason Bosnia e Hercegovina HKK Široki
2010-11 Croacia Luka Žorić Croacia KK Zagreb

Máximo anotador[editar | editar a fonte]

Tempada Xogador Equipo PPP
2001-02 Croacia Marino Baždarić Croacia Triglav osiguranje 26,23
2002-03 Flag of the United States.svg Kenyan Weaks Flag of Slovenia.svg Pivovarna Laško 20,14
2003-04 Serbia e Montenegro Igor Rakočević Serbia e Montenegro Crvena zvezda 23,22
2004-05 Serbia e Montenegro Dejan Milojević Serbia e Montenegro Partizan 21,77
2005-06 Serbia e Montenegro Dejan Milojević Serbia e Montenegro Partizan 17,68
2006-07 Flag of Serbia.svg Milan Gurović Flag of Serbia.svg Crvena zvezda 28,60
2007-08 Flag of Serbia.svg Tadija Dragićević Flag of Serbia.svg Crvena zvezda 20,46
2008-09 Flag of Serbia.svg Dragan Labović Flag of Serbia.svg FMP 17,96
2009-10 Croacia Andrija Žižić Croacia Cedevita 17,12
2010-11 Flag of the United States.svg Michael Lee Flag of Serbia.svg Radnički 19,60

Clubs que teñen participado na competición[editar | editar a fonte]

Na seguinte liga aparecen tódolos equipos que teñen participado na Liga do Adriático dende a súa formación no 2001 ata a tempada actual. Os equipos que non disputan a competición actualmente están sinalados en cursiva. Dende a súa formación teñen participado 25 equipos na Liga.

Club Cidade País Tempadas Anos Posición final máis alta
Borac Nektar Banja Luka Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina 2 2002–2004 11º
Bosna Saraxevo Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina 7 2001–2003, 2004-2007, 2008-2010 Cuartos de Final
Budućnost Podgorica Flag of Montenegro.svg Montenegro 9 2001–2002, 2003-2005, 2006- Semifinais
Cedevita Zagreb Croacia Croacia 3 2009–
Cibona Zagreb Croacia Croacia 11 2001–
Crvena zvezda Belgrado Flag of Serbia.svg Serbia 10 2002– Semifinais
FMP Železnik Belgrado Flag of Serbia.svg Serbia 7 2003–2010
Geoplin Slovan Liubliana Flag of Slovenia.svg Eslovenia 6 2001–2002, 2003–2008
Helios Domžale Flag of Slovenia.svg Eslovenia 7 2004–2011, 2011–
Hemofarm Vršac Flag of Serbia.svg Serbia 8 2004–
Igokea Aleksandrovac Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina 1 2010–11 11º
Krka Novo mesto Flag of Slovenia.svg Eslovenia 6 2001–2004, 2008–2009, 2010–
Lovćen Cetinje Flag of Montenegro.svg Montenegro 1 2003–2004 14º
Maccabi Tel Aviv Tel Aviv Flag of Israel.svg Israel 2 2002–2003, 2011–
Nymburk Nymburk República Checa República Checa 1 2010–2011
Partizan Belgrado Flag of Serbia.svg Serbia 8 2004–
Radnički Kragujevac Flag of Serbia.svg Serbia 3 2009– 10º
Šibenka Dalmare Šibenik Croacia Croacia 1 2004–2005 11º
Široki Široki Brijeg Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina 10 2001–2008, 2009–
Sloboda Dita Tuzla Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina 1 2001–2002
Split Split Croacia Croacia 7 2001–2005, 2006–2009
Triglav osiguranje Rijeka Croacia Croacia 1 2001–2002 10º
Union Olimpija Liubliana Flag of Slovenia.svg Eslovenia 11 2001–
Vojvodina Srbijagas Novi Sad Flag of Serbia.svg Serbia 3 2005–2006, 2007-2009 Cuartos de Final
Zadar Zadar Croacia Croacia 10 2001–2011
Zagreb Zagreb Croacia Croacia 10 2002–
Zlatorog Laško Laško Flag of Slovenia.svg Eslovenia 6 2001–2006, 2011– Semifinais

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Do campión da liga regular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]