KK Radnički Kragujevac
|
||
|---|---|---|
| Competición | NLB League Naša Sinalko Liga |
|
| Fundado | 1994 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Hala Jezero (5.320) | |
| Cores | Vermello e branco | |
| Presidente | Mladen Ivković | |
| Adestrador | Miroslav Nikolić | |
| Alcume | Đavoli | |
| Sitio Web | www.kkradnicki.rs | |
O Košarkaški klub Radnički (en serbio: Кошаркашки клуб Раднички) é un club de baloncesto profesional de Kragujevac, Serbia. O equipo participa actualmente na Naša Sinalko Liga, máxima categoría do baloncesto serbio, e na Liga do Adriático.
Índice |
Historia[editar]
O KK Radnički foi fundado en 1994 en Vršac como KK Kondivik, comezando a competir nas categorías máis baixas, e rexistrando dende aquela continuos éxitos. Así, en 2001, conseguiu chegar á máxima categoría serbia, cambiando ao nome ao de KK Lions. Baixo ese nome rexistrou un dos avances máis importantes na historia dos clubs de baloncesto, pasando dende a última categoría a ser tres tempadas seguidas terceiro na primeira división de Serbia (categoría inferior á Superliga de Serbia). En 2004 o club chega a ocupar o primeiro lugar na liga, e pasa a denominarse "Swisslion Takovo". Despois desa tempada e da reorganización da liga, perde a categoría, á que volve en 2006. Nas tempadas 2007-08 e 2008-09, o club ten ocupado o primeiro na liga de baloncesto de Serbia, chegando á Superliga Serbia e á final da Copa Korać.
Despois de gañar unha eliminatoria á KK Vojvodina de Novi Sad de 3-0, clasificouse para a Liga do Adriático. Con todo, o patrocinador do club dende hai moito tempo, "Swisslion Takovo", baixou o seu investimento ao club antes do comezo da tempada de debut na NLB League. Así, o rescate do equipo chegou da man do alcalde da cidade de Kragujevac, Veroljub Stevanovic, co que o club trasladouse dende Vršac a Kragujevac o 21 de novembro de 2009, cambiando o seu nome polo da Sociedade Deportiva e dado o nome da sociedade dos famosos deportes "Radnički". Hoxe, a vila ten o pracer de ver no seu pavillón Hala Jezero grandes equipos como o Partizan, Hemofarm, Crvena zvezda, Cibona, Bosna, Olimpija ou Zadar.
Pavillón[editar]
- Artigo principal: Hala Jezero.
O Hala Jezero (do serbio: Pavillón do Lago) é unha área deportiva cuberta localizada na propia cidade de Kragujevac. A súa capacidade é de 5.320, sendo agora mesmo sede, a parte do KK Radnički de baloncesto, da súa sección de voleibol. O primeiro evento deportivo disputado no pavillón foi o 20 de outubro de 1978, nun encontro entre o KK Radnički e a Jugoplastika Split.
Xogadores[editar]
Cadro actual[editar]
| KK Radnički 2009-2010 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
