Laura Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Laura Gallego García, nada na cidade de Quart de Poblet (Hospital Militar en Mislata, Valencia) o 11 de outubro de 1977, é unha escritora española de xénero fantástico e ficción científica.

Biografía[editar | editar a fonte]

Aos once anos comezou a escribir cunha amiga súa a que sería a súa primeira novela sen publicar, Zodiaccía, un mundo diferente[1] (dispoñible na súa páxina web[2]). Aos 21 anos, cando estaba estudando Filoloxía Hispánica, escribiu a novela Finis Mundi, coa que obtivo o primeiro premio no concurso El Barco de Vapor da editorial SM. O seu segundo premio no concurso El Barco de Vapor conseguiuno coa súa novela La leyenda del Rey Errante, libro que ela consideraba mellor que o anterior.

É fundadora da revista universitaria Náyade, repartida trimestralmente na Facultade de Filoloxía e foi codirectora da mesma desde 1997 a 2000.

A súa primeira novela publicada foi Finis Mundi (1999), pero obtivo maior popularidade coa súa triloxía Crónicas de la Torre. Por mor desa triloxía xurdiu un gran interese pola súa obra, especialmente na Internet. Pero aínda que a súa fama débese principalmente ás novelas xuvenís, publicou tamén obras dirixidas a un público infantil (Retorno a la Isla Blanca, El cartero de los sueños), incluíndo aos prelectores (serie de Alba). En 2004 comezou a súa segunda triloxía, titulada Memorias de Idhún, cultivando o seu maior éxito ata o momento, con máis de 350.000 exemplares vendidos.

Na actualidade realiza a súa tese doutoral sobre o libro de cabalería Belianís de Grecia de Jerónimo Fernández, publicado en 1545.

Trazos temáticos e de estilo[editar | editar a fonte]

Laura Gallego explorou gran parte dos temas literarios: comeza escribindo literatura histórico-fantástica, coa súa novela Finis Mundi; pero proba tamén a ficción científica, con Las hijas de Tara; e máis tarde a fantasía épica con Crónicas de la Torre e Memorias de Idhún; sen esquecer tampouco a súa literatura infantil.

Na súa narrativa fantástica, e particularmente en Memorias de Idhún, o tema amoroso é tanto ou máis importante que o fantástico, feito que a diferenza notablemente do modelo de J.R.R. Tolkien: os personaxes expresan sen cesar os seus sentimentos, dúbidas, receos, decepcións, etc., e guíanse por eles, xeralmente máis que por outros conceptos como o honra ou o deber. Así, a reflexión sobre o propio sentimento ocupa moito espazo nos diálogos e a reprodución do pensamento, feito favorecido pola decisión de empregar un apaixonado triángulo amoroso no que Victoria sente irremediablemente atraída por dous personaxes opostos e incompatibles.

Obras[editar | editar a fonte]

Laura Gallego García.

Triloxías[editar | editar a fonte]

Crónicas de la Torre[editar | editar a fonte]

  1. 2000 - El Valle de los Lobos
  2. 2002 - La maldición del Maestro
  3. 2003 - La llamada de los muertos
  4. 2004 - Fenris, el elfo

Memorias de Idhún[editar | editar a fonte]

  1. 2004 - Memorias de Idhún I: La Resistencia
  2. 2005 - Memorias de Idhún II: Tríada
  3. 2006 - Memorias de Idhún III: Panteón

Obras en orde cronolóxica[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Algunhas das súas obras foron traducidas a numerosas linguas como: romanés, francés, polaco, finés, sueco, noruegués, dinamarqués, húngaro, inglés, italiano, alemán, portugués, catalán, coreano e chinés.

Malia isto, polo de agora aínda non hai tradución ao galego de ningunha das súas novelas.

Obras sen publicar e proxectos[editar | editar a fonte]

A propia Laura Gallego menciona na súa páxina web que antes de que lle publicasen Finis Mundi, escribira moitas outras obras. A día de hoxe ofrece alí algunhas delas como curiosidade, como Zodiaccía, un mundo diferente[1], antes mencionada, e El Desafío de Zhur[1] (tamén dispoñible na web[3]), no que aparece un mundo de Idhún prototípico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]