Premio O Barco de Vapor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio de Literatura Infantil El Barco de Vapor é convocado anualmente desde 1978 pola Fundación SM co fin de promover a creación dunha literatura para nenos que fomente o gusto pola lectura e transmita, con calidade literaria, uns valores humanos, sociais, culturais ou relixiosos que axuden a construír un mundo digno.

A este premio poden optar todos os escritores que o desexen, sempre que as obras que presenten estean escritas en castelán e, a partir de 1984, tamén en catalán, galego e éuscaro, sexan orixinais, inéditas e non foran premiadas anteriormente en ningún outro premio ou concurso.

O premio conta tamén con convocatorias en diferentes países de Latinoamérica: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México, Perú, Porto Rico e República Dominicana.

Dotación[editar | editar a fonte]

Até hai uns anos, este galardón estaba dotado con 100.000 euros (convocatoria en castelán en España), unha cifra que o situaba, canda o Premio Gran Angular (de literatura xuvenil, tamén da Editorial SM), entre os de maior dotación de España en canto a premios literarios en xeral. En 2008 reduciuse a dotación a 70.000 euros, e despois a 50.000, sendo a dotación actual de 35.000 euros.

A concesión do premio implica a edición e publicación por parte de Ediciones SM da obra premiada na colección do mesmo nome, así como o dereito á súa distribución e comercialización en todo o mundo.

Lista de gañadores en lingua castelá[editar | editar a fonte]

Lista de gañadores en lingua galega[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Terceira entrega de piratas: botín de ouro e Santo Graal Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego o 15 de febreiro de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]