Kostas Vasileiadis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kostas Vasileiadis
Club Atlético Goes
Información persoal
Nacemento 15 de marzo de 1984 (40 anos)
Grecia Tesalónica, Grecia
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Posición Escolta / Ala
Información da carreira
Carreira 2000−presente
Historial de equipos
PAOK BC (2000−2006)
Málaga (2006−2007)
Olympiacos (2007−2008)
PAOK (2008−2009)
Sutor Basket Montegranaro (2009)
Obradoiro (2009−2010)
Bilbao Basket (2010−2013)
Anadolu Efes (2013−2014)
CB Málaga (2014−2015)
PAOK BC (2015−2016)
Obradoiro (2016)
AEK (2016−2017)
Trikala (2017)
Iberostar Tenerife (2017−2018)
Obradoiro (2018−2020)
Al-Sadd (2020–2021)
UCAM Murcia (2021−2022)
Marinos de Anzoátegui (2022)
Club Atlético Goes (2022−presente)

Konstantinos "Kostas" Vasileiadis (en grego: Κώστας Βασιλειάδης), nado en Salónica o 15 de marzo de 1984, é un xogador de baloncesto grego. Actualmente xoga para o Club Atlético Goes uruguaio. Pode xogar de escolta ou de ala, mide 2,00 metros e pesa 102 quilos. Foi internacional nas categorías inferiores da selección grega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou na liga grega no ano 2000 no PAOK Tesalónica BC. Xogou seis tempadas no club grego, converténdose no capitán do equipo. Fichou polo Unicaja Málaga da liga ACB en 2006 durante o playoff polo título, debutando na eliminatoria de cuartos de final fronte ao Estudiantes, e logrando gañar a liga.

Logo do paso polo Unicaja volveu a Grecia, fichando polo Olympiakos, contribuíndo a dito equipo a lograr o subcampionato na liga grega ese ano. Na tempada 2008/09 volveu ao PAOK, onde volveu ser capitán e onde acabou como 3º máximo anotador da liga grega cunha media de 15 puntos.

Tras un breve paso polo Sutor Montegranaro italiano o 8 de agosto de 2009 fichou polo Xacobeo Blu:Sens de Santiago de Compostela, recentemente ascendido á liga ACB. Axiña se gañou o aprecio da afección do Fontes do Sar, que denominou o seu xogo como "A lei de Kostas". Tralo descenso do club compostelán, o 3 de xullo de 2010 fichou polo Bilbao Basket por dúas tempadas con opción a outra terceira. Co club vasco logrou o subcampionato de liga na tempada 2010/11 e xogou a final da Eurocup contra o Lokomotiv Kuban, caendo derrotado pero sendo o máximo anotador do partido. Ademais foi incluído no quinteto ideal do torneo.

Tras tres tempadas en Bilbao, Vasileiadis fichou polo Anadolu Efes S.K. turco, co que logrou o subcampionato de copa.[1] Na tempada seguinte fichou de novo por Unicaja Málaga,[2]​ rescindindo o seu contrato o 17 de xuño de 2015.[3] Tras o seu paso por Málaga, volveu á casa para xogar no PAOK Tesalónica, co que concluíu a Liga Grega, tras caer no playoff de cuartos de final ante o AEK Atenas por 2 a 1, cunhas medias de 14,7 puntos (47% en tiros de dous, 42% en triplas e 87% en libres), 5,3 rebotes e 2,1 asistencias para 16,3 de valoración en 28,6 minutos. Na Eurocup, tivo de media 13,4 puntos e 4,8 rebotes.

O 28 de abril de 2016, volveu ó Obradoiro CAB ata o final da tempada, conseguindo o equipo salvar a categoría.[4] A continuación regresou ao seu país, onde xogou no AEK Atenas e o Aries Trikala B.C., ata que en decembro de 2017 volveu á liga española fichando polo Iberostar Tenerife, ata final da tempada.[5]

O 15 de xullo de 2018, regresou de novo a Santiago para xogar a súa terceira etapa no Obradoiro CAB.[6] O 30 de decembro de 2018, Vasileiadis converteuse no primeiro xogador da historia do Obradoiro en conseguir o premio ó mellor xogador do mes da ACB, sendo elixido coma mellor xogador do mes de decembro tras facer 22.6 puntos de valoración, incluíndo tamén un premio ó mellor xogador da xornada.[7] O 17 de xullo de 2019, Vasileiadis e o Obradoiro chegaron a un acordo para renovar o seu contrato unha tempada máis.[8] En xullo de 2020 anunciouse a súa marcha do Obradoiro.[9] O 9 de abril de 2021, anunciouse a súa fichaxe ata final de tempada polo CB Murcia da Liga ACB.[10] Aspó finalizar a temporada asinou cos Marinos de Anzoátegui de Venezuela.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Selección[editar | editar a fonte]

  • Medalla de bronce no Campionato de Europa Júnior en 2002 coa selección de Grecia;
  • Medalla de bronce no Campionato do Mundo Júnior 2003 coa selección de Grecia;
  • Medalla de prata no Campionato do Mundo sub−20 2005 coa selección de Grecia;

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kostas Vasileiadis ficha polo Anadolu Efes turco". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 03 de outubro de 2013. 
  2. "Kostas Vasileiadis cierra la plantilla del Unicaja" (en castelán). 26 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2014. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  3. "Kostas Vasileiadis y Caleb Green no seguirán en el Unicaja" (en castelán). 17 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2015. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  4. "El Rio Natura Monbus Obradoiro incorpora a Kostas Vasileiadis". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2016. Consultado o 28 de abril de 2016. 
  5. El Iberostar Tenerife ficha al exobradoirista Kostas Vasileiadis
  6. "El Monbus Obradoiro ficha a Kostas Vasileiadis". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2018. Consultado o 31 de decembro de 2018. 
  7. "Vasileiadis, MVP Movistar de diciembre: "Quería ofrecer el mejor Kostas posible"". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de decembro de 2018. 
  8. "Kostas Vasileaidis: “Estou moi feliz por seguir na miña casa”". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2019. 
  9. Calvo, Naso (16 de xullo de 2020). "Vasileiadis non seguirá no Obradoiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  10. Kostas Vasileiadis nuevo jugador del UCAM Murcia CB

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]