Spotify

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spotify
Desenvolvedor(es)Spotify Ltd.
Publicación inicial23 de abril de 2006
Última versión8.4.68.911 (Android)
(24 de agosto de 2018)
Sistema operativoWindows, macOS, Linux, Android, iOS, Symbian, Windows Phone
Plataforma/sx86, x86-64
Lingua/s8 linguas
Galego: non
Sitio webwww.spotify.com

Spotify é un servizo, fundado por Daniel Ek e Martin Lorentzon, para a reprodución de música vía streaming dispoñible nos sistemas operativos Microsoft Windows, Mac OS X e Linux (para este último, só nas súas versións de pago) e nos sistemas operativos de dispositivos móbiles Symbian, iPhone e Android. Permite escoitar temas musicais buscando por artista, álbum ou listas de reprodución creadas polos propios usuarios. O programa foi lanzado o 7 de outubro de 2008 ao mercado europeo, mentres que a súa implantación noutros países realizouse ao longo de 2009.[1]

A empresa, que ten a súa sede en Estocolmo, Suecia, asinou acordos coas discográficas Universal Music, Sony BMG, EMI Music, Hollywood Records e Warner Music entre outras.[2] Spotify contaba, o 15 de setembro de 2010, con preto de dez millóns de usuarios,[3] dos que ao redor dun millón eran usuarios de pago.[4] O Spotify cambiou o seu logotipo tres veces na súa historia: primeiro en 2013, despois en 2015 e, máis recentemente, en 2019, reflictindo a evolución da identidade da marca e o compromiso da empresa de manterse actualizada na industria de streaming de música.[5]

En cifras oficiais, Spotify Ltd. declarou un ingreso bruto de 1.945 millóns de dólares en 2015. Este dato causou polémica, xa que a compañía, malia ter máis de 50 millóns de usuarios de pagamentos rexistrados, rexistrou perdas no mesmo ano.[6][Verificar credibilidade]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]