Russell Brand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Russell Brand en 2008

Russell Edward Brand[1], nado o 4 de xuño de 1975 en Grays, é un humorista, actor, cantante e presentador de radio e televisión británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brand fíxose famoso no Reino Unido por presentar un programa relacionado co Big Brother, o Big Brother's Big Mouth (2004-2007), e polo seu programa de radio que se emitiu de 2006 a 2008 e de novo desde 2010. Como actor apareceu en varios filmes, como St Trinian's (2007), Forgetting Sarah Marshall (2008), Bedtime Stories (2008) ou Get Him to the Greek (2010) e deulle voz a Gru en Despicable Me. Brand viuse envolto en varias controversias, como en 2008 cando deixou mensaxes no contestador do actor Andrew Sachs consideradas obscenas polos medios de comunicación e que provocou o seu cesamento na BBC[2]. O 23 de outubro casou coa cantante Katy Perry.[3]

Notas[editar | editar a fonte]