Os Pitufos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Pitufos
Formato Animación, Familiar, Fantasía
Creado por Peyo
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Episodios 256 (9 tempadas)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Hanna-Barbera Productions
Duración 22 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixe NBC
Formato de imaxe 4:3
Emisión 12 de setembro de 198125 de agosto de 1990
Ligazóns externas
Páxina web

Os Pitufos (Smurfs en inglés) é unha serie estadounidense de debuxos animados protagonizada polos divertidos personaxes azuis creados polo historietista belga Peyo. Producida por Hanna-Barbera Productions, e estreada a finais do terceiro trimestre do ano 1981 na canle NBC, a serie, de 256 capítulos cun total de 421 historias, deu o seu fin o 25 de agosto do 1990 tras nove tempadas. En Galiza a serie foi emitida por varias canles privadas amais, tamén na canle autonómica TVG dentro do contedor Xabarín Club.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Os Pitufos son pequerrechiñas criaturas azuis que moran ó aconchego nun curruncho dunha fraga onde o seu lar, a aldea dos pitufos, está formada por casiñas semellantes ós cogomelos. Teñen candanseu oficio e especialidades diferentes. No seu falar adoitan usa-lo termo "Pitufar" que ten significados varios segundo en que xeito se diga.

Céntranse por medio de dous principais personaxes: Papá Pitufo e Pitufina; Papá Pitufo caractirízase polo seu chapeu e pantalóns vermellos e pola súa barba branca, é o lider do grupo e na súa ausencia os demais pitufos non saben como se organizaren, o que fai que haxa liortas na aldea. Á Pitufina diferénciase polo seu louro cabelo e por se-la única muller entre os pitufos. Os homes senten envexa e celos cando un pitufo tentar chama-la súa atención.

O meirande perigo dos pitufos é o meigo Gargamel que ten a obsesión dos atrapar para facer unha exquisita sopa con eles. Conta coa axuda do seu micho Azrael, que servirase del e do seu bo olfacto para acha-lo abeiradoiro dos pitufos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]