Sofia Kovalewska

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sofia Kovalewska.

Sofia Vasilyevna Krukovsky Kovalewska, nada en Moscova o 15 de xaneiro de 1850 (3 de xaneiro no calendario ruso) e finada en Estocolmo o 10 de febreiro de 1891, foi unha matemática rusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sofía Kovalewska está considerada a matemática europea máis prestixiosa, o que compatibilizou coa escritura e a reivindicación dos dereitos femininos, loitando por abrir ás portas da universidade ás mulleres. Os seus profundos traballos en matemáticas fixeron reconsiderar ós seus coetáneos as arcaicas nocións da inferioridade da muller na ciencia. Realizou traballos sobre ecuacións diferenciais, teoría de funcións e cinemática. No 1874 recibiu o doutorado da Universidade de Gotinga. Apareceron selos coa súa efixie en 1951 e 1996.

Nada nunha familia nobre, foi educada na propia casa, e así o seu carácter nervioso e retraído crese que foi debido á acción dunha estrita gobernanta que tivo de pequena. Sentiuse cedo atraída polas matemáticas: cóntase que a idade de once anos, as paredes da súa habitación estaban recubertas de papeis co traballo do matemático ruso Ostrogradski, e ós 14 anos aprendeu polos seus propios medios trigonometría para comprender a sección de óptica dun libro de física que estaba a ler por aquel entón. Diversas persoas convenceron ó pai para que ela asistira á escola para continuar os seus estudos. No 1869 intentou estudar matemáticas e ciencias na universidade de Heidelberg, persuadindo ás autoridades universitarias para que lle deixaran ir á clase de Gustave R. Kirchhoff. A súa tese doutoral, “Sobre a teoría de ecuacións diferenciais parciais” trataba sobre un sistema abondo xeral de ecuacións diferenciais de primeira orde e calquera número de variables, estendendo un traballo previo de Karl Weierstrass con condicións de contorno. Residiu en Estocolmo dende o ano 1884.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]