Aleksandr Kérenski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Kérenski")
Aleksandr Kérenski
Alexander Kerensky LOC 24416.jpg
Período de goberno: 1917 (21 de xullo - 8 de novembro)
Predecesor: Georgy Lvov
Sucesor: Lenin
Data de nacemento: 22 de abril de 1881
Lugar de nacemento: Simbirsk, Imperio Ruso
Data da morte: 11 de xuño de 1970
Lugar do falecemento: Nova York, Estados Unidos
Profesión: Político e Avogado
Partido político: Partido Social-Revolucionario

Aleksandr Fiódorovich Kérenski (en ruso Алекса́ндр Фёдорович Ке́ренский), nado en Simbirsk o 22 de abril de 1881 (2 de maio segundo o calendario gregoriano) e finado en Nova York o 11 de xuño de 1970, foi un político socialdemócrata, avogado e un líder revolucionario ruso, que desempeñou un papel primordial no derrocamento do réxime tsarista en Rusia. Foi o segundo primeiro ministro do goberno provisional instaurado trala Revolución de Febreiro. Foi quen de facer fracasar o golpe de Kornilov, pero non puido evitar a Revolución de Outubro na que os bolxeviques tomaron o poder.

Mocidade[editar | editar a fonte]

Alexandr Kerenski nado en Simbirsk (agora Ulyanovsk) preto do río Volga, na familia do director do colexio de secundaria, Fyodor Kerenski, cuxo pai foi un sacerdote da Igrexa Ortodoxa Rusa. A súa nai, Nadezhda Adler, foi filla do nobre, Alexander Adler.

O pai de Kerensky foi o director de Vladimir Ulyanov (Lenin) na escola secundaria para nenos de Simbirsk, e varios membros da familia de Kerensky e Ulyanov eran amigos. En 1889, cando Kerensky tiña 8 anos, a súa familia mudouse a Tashkent, onde os seu pai fora designado como inspector principal dos colexios públicos. Kerensky graduouse con honores na escola secundaria de Tashkent en 1899. O mesmo ano ingresou na Universidade de St. Petersburgo, onde estudou historia e filoloxía no primeiro ano. Ó ano seguinte cambiou para o departamento de Leis e recibiu o graduado en 1904. Traballou como conselleiro legal das vítimas da violencia do goberno en 1905. A finais de decembro de 1905, foi encarcerado so sospeita de que pertencía a un grupo militante. Gañou reputación polo seu traballo como avogado defensor nos xuízos contra revolucionarios.

Foi elixido para a Cuarta Duma en 1912 como membro dos Trudoviks, un partido Laborista moderado que estaba asociado ó Partido Social-Revolucionario. Foi un brillante orador chegando a ser o líder da oposición contra o réxime do tsar Nicolao II

Revolución de Outubro de 1917[editar | editar a fonte]

Kerenski distribuíra armas ós traballadores de Petrogrado, e en outubro moitos destes traballadores convertíranse en bolxeviques. Entre o 25 ó 27 Outubro (calendario antigo) de 1917 os bolxeviques lanzaron a segunda Revolución Rusa do ano. O goberno de Kerenski en Petrogrado case non tiña apoios na cidade. Só un pequeno rexemento de mulleres, loitaban contra os bolxeviques para salvaren o goberno, pero estes tomaron o control sen daren nin un só disparo en menos de 20 horas.

Kerenski escapou dos bolxeviques e marchou cara a Pskov, onde atopou algúns fieis para un intento de recuperar a capital. As tropas avanzaron ata Tsarskoie Selo, pero foron derrotadas ó día seguinte en Pulkovo. Kerenski fuxiu e pasou os seguintes días escondido ata que conseguiu saír do país e chegar á Francia. Durante a Guerra Civil Rusa non apoiou a ningún dos dous bandos, os bolxeviques e os Brancos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Georgy Lvov
Blason Russie 1917.gif
Presidente do Goberno Provisional

1917 (21 de xullo - 8 de novembro)
Sucesor:
Vladimir Lenin