Juan Zunzunegui Guimeráns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Zunzunegui Guimeráns

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Club de Remo Ciervana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2004rowing at the 2004 Summer Olympics – lightweight men's double sculls (en) Traducir
2000rowing at the 2000 Summer Olympics – lightweight men's double sculls (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Juan Zunzunegui Guimeráns, nado en Vigo o 31 de marzo de 1976, é un ex-remeiro e adestrador galego.[1] Participou en dous Xogos Olímpicos (Sydney 2000 e Atenas 2004), logrando un diploma olímpico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou no remo ós 12 anos e especializouse na modalidade de scull lixeiro.[1] Formou parte do Real Club Náutico de Vigo, e en 1995 foi subcampión do mundo sub-23 no catro scull, e quinto no Mundial absoluto.[2] En 1996 acudiu aos Xogos Olímpicos de Atlanta como suplente do equipo español de catro sen temoneiro.[1] A continuación foi campión de España de dous sen temoneiro e en 1998 acadou o quinto posto na proba do Mundo de Múnic e o sexto posto no Campionato do mundo de Colonia na categoría de catro sen lixeiro.[1]

A cidade de Vigo ós seus atletas.[3]

Participou nos Xogos Olímpicos de Sidnei no ano 2000, acabando en noveno lugar na categoría de dobre scull lixeiro, xunto a Rubén Álvarez. Nese mesmo ano gañou a medalla de bronce do Campionato do Mundo en Zagreb na categoría de catro scull lixeiro.[1][4]

No ano 2001 conseguiu unha nova medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos de Tunes na categoría de dobre scull lixeiro.[1] Participou tamén na clase de dobre scull lixeiro nos campionatos mundiais de Sevilla, en 2002, e Milán, en 2003, acadando nos dous o sétimo posto.[1] En 2003 conseguiu o primeiro posto da Regata Internacional de Essen.[1] Ó ano seguinte participou nos Xogos Olímpicos de Atenas, obtendo a oitava praza en dobre scull lixeiro e con ela un diploma olímpico. Obtivo tamén o subcampionato do Mundo na categoría de skiff peso lixeiro celebrado en Eton.[1]

Dende o ano 2000 compite no Campionato de España de Remoergómetro, que gañou en sete ocasións. Ademais dende 2014 adestra o Club de Remo Zierbena.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Entrada “Zunzunegui Guimeráns, Juan” na GEG.
  2. "“Llegaremos a las finales”". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 1996. p. 29. 
  3. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  4. "Campionato do Mundo de Remo 2000". Federación Internacional de Remo (en inglés). Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  5. "Juan Zunzunegui renueva con Zierbena". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de setembro de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]