Magda Goebbels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Magda Goebbels

Johanna Maria Magdalena Goebbels, nada en Berlín en 1901 e finada en 1945, foi a muller de Joseph Goebbels, considerada a primeira dama do Terceiro Reich.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Filla de Auguste Behrend e de Oskar Ritschel, un rico enxeñeiro, que se divorcian cando Magda tiña tres anos. A súa nai casa con Richard Friedländer, un industrial xudeu. En 1906 trasládase a vivir co seu pai a Bruxelas, pouco despois a súa nai e padrasto trasládanse tamén a vivir á capital belga, e para o curso Magda queda interna no colexio das ursulinas. Co comezo da Primeira Guerra Mundial en 1914 vese obrigada a marchar coa súa familia a Berlín. O seu pai, que se trasladara a Bad Godesberg e a quen Magda visitaba regularmente, influíu no seu achegamento ao budismo.

Matrimonios[editar | editar a fonte]

En 1920 coñece a Günter Quandt, un dos homes máis ricos de Alemaña, co que casa o 4 de xaneiro[1] de 1921 tras converterse ao protestantismo. En novembro tivo ao seu primeiro fillo, Harald. Pero o matrimonio non ía ben e comeza a manter relacións co dirixente sionista Chaim Arlosoroff, irmán dunha das súas mellores amigas. En 1929 divorciase de Quandt. En 1930 asistiu a un acto do NSDAP no que o participaba Goebbels e queda tan impresionada polo seu discurso que se afiliou ao partido nazi e consegue traballar como voluntaria nos arquivos da sede central do NSDAP, onde coñeceu persoalmente a Goebbels. O 19 de decembro de 1931 casaban, despois dunha suxestión de Adolf Hitler.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Con Goebbels tivo seis fillos:

  • Helga Susanne (1 setembro 1932 † 12)
  • Hildegard (Hilde) Traudel (13 abril 1934 † 11)
  • Helmut Christian (2 outubro 1935 † 9)
  • Hedwig (Hedda) Johanna (19 febreiro 1937 † 8)
  • Holdine (Holde) Kathrin (1 maio 1938 † 7)
  • Heidrun (Heide) Elisabeth (20 outubro 1940 † 4)

Terceiro Reich e suicidio[editar | editar a fonte]

Logo da chegada de Hitler ao poder, Joseph Goebbles asumiu o posto de ministro de propaganda (marzo de 1933) e Magda asume o papel de primeira dama e modelo da nai alemá.

O 22 de abril de 1945, cando xa non quedaba moito para rematar a guerra Magda instálase coa súa familia no búnker da chancelaría, onde permanecía Hitler. O 1 de maio de 1945 Magda envelenou os seus fillos con cianuro e despois ela e o seu home suicidáronse.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biographie Magda Goebbels. Deutsches Historisches Museum