Saltar ao contido

José Posada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Posada
Biografía
Nacemento9 de maio de 1940 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 2013 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Eurodeputado
Representa: Nationalist Coalition (en) Traducir

21 de xaneiro de 1999 – 19 de xullo de 1999

Circunscrición electoral: España
Eurodeputado
Representa: Nationalist Coalition (en) Traducir

15 de xullo de 1993 – 18 de xullo de 1994

Circunscrición electoral: España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAgricultura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNationalist Coalition (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

BUSC: posada-xose-1940-2013

José Domingo Posada González, nado en Vigo o 9 de maio de 1940 e finado o 14 de xaneiro de 2013 en Ourense, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De pai vigués e nai de Puga, estudou o bacharelato no Instituto de Ourense. Enxeñeiro técnico en química industrial pola Escola Técnica de Vigo (1961). Enólogo e empresario, comezou a desenvolver a súa carreira vencellado ao grupo empresarial alimentario do que xa era socio o seu pai, Cuevas y Cía SA. Para esta compañía desenvolveu unha liña de doces de castaña, marron glacé, que a partir de 1989 comercializou cunha marca propia xa fóra de Cuevas, mediante a súa propia empresa, Posada Marron Glacé, S.L..

Destacado membro da sociedade ourensá, foi presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas ata 1984, e presidente do consello de administración da Caixa de Aforros de Ourense entre 1984 e 1987. Como enólogo escribiu diversas obras e foi presidente do Consello Regulador da denominación de orixe Augardente de Galicia entre 1992 e 1996.

José Posada tamén desenvolveu unha carreira política, pois foi membro de Coalición Galega. En representación deste partido figurou nunha candidatura da Coalición Nacionalista ás eleccións europeas de 1989, na que tamén se integraba o PNV.[Cómpre referencia] Nesa lista conseguiu ser deputado no Parlamento Europeo de forma rotatoria entre 1993 e 1994 e de novo en 1999.[1] Continuou de líder de Coalición Galega durante a longa fase de inactividade desta formación, e conduciuna na súa integración en Compromiso por Galicia en 2012. Tamén desenvolveu un importante labor xornalístico, e foi participante habitual dos parladoiros de Telemiño.

  • Os viños de Galicia, 1978.[1]
  • Manual de los vinos y aguardientes de Galicia, 1981.[1][2]
  • Metafísica del vino, 2001.
  • O desafío do Mercado Común para os viños galegos.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María do Carmo Henríquez Salido, voceira histórica do reintegracionismo e autora de diversos libros. Faleceu como consecuencia dun infarto mentres durmía[3].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]