Marron glacé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castañas confitadas .

O marron glacé é unha castaña confeitada ou glaseada[1]. É unha lambetada habitual na gastronomía italiana e na gastronomía francesa, aínda que recentemente estase a implantar noutros países produtores, coma Galiza, España ou Portugal. A súa orixe remóntase á antigüidade (Cuneo, Italia ou Lyon, Francia) cando se almacenaban certos alimentos en mel ou azucre para a súa conservación.

No século XIX, desenvólvese a produción a nivel industrial en Francia deste doce, sendo posteriormente imitado e perfeccionado en Italia, e máis recientemente, en España, en 1980.

Realización[editar | editar a fonte]

Para a realización do mesmo emprégase: castañas, azucre e optativamente e a gusto canela, vainilla e anisetes. Tamén se poden mergullar os marrons en brandy durante unhas horas para potenciar o seu sabor.

O complicado desta receita está nas fases da súa elaboración, que son: a escolla das mellores castañas, tamaño e estado; o punto de coza que ha ser con lume amodo, e o pelado das castañas que deben ficar enteiras. Procédese posteriormente á cocedura no almibre no que se confeitarán e se deixaran repousar un día.

Comercialmente é un produto caro, de feito a súa presentación habitual é a dun produto de luxo. Para evitar que se esmaguen ou se magoen os marrons e o seu glaseado sóense envolver individualmente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Real Academia Galega non recolle o termo glasear, si aparece na publicación A cociñar con Paco Feixó Vigo, Ir Indo, 1993: cociñar algo nun preparado que leve azucre