Jorge de Sena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJorge de Sena

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Jorge Cândido de Sena Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 1978 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Santa Bárbara, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , tradutor , poeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0784068 Musicbrainz: f8d8d6cb-5d50-4e10-b8af-b1e51c9a27b8 Discogs: 1506974 Editar o valor em Wikidata

Jorge Cândido de Sena, nado en Lisboa o 2 de novembro de 1919 e finado en Santa Barbara, California o 4 de xuño de 1978, foi poeta, crítico, ensaísta, narrador, dramaturgo, tradutor e profesor universitario portugués, naturalizado brasileiro en 1963.[1][2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Fillo único de Augusto Raposo de Sena, natural de Ponta Delgada e comandante da mariña mercante, e de Maria da Luz Telles Grilo de Sena, natural da Covilhã e dona-de-casa. Ambas as familias eran da alta burguesía, a paterna de suposta liñaxe aristocrática de militares e altos funcionarios, e a materna de comerciantes ricos do Porto. Segundo relata no seu conto Homenagem ao Papagaio Verde, tivo unha infancia recollida, solitaria e infeliz, o que fixo que se tornase introspetivo, observador e imaxinativo.

Fixo a instrución primaria e os primeiros anos do instituto no Colexio Vasco da Gama. Concluíu os estudos secundarios no Liceu Camões, onde foi alumno de Rómulo de Carvalho. Era un mozo que lía avidamente, tocaba o piano e escribía poemas. Na Facultade de Ciencias de Lisboa, fixo os exames preparatorios coas notas máis elevadas.

Na Escola Naval[editar | editar a fonte]

Sena nutría a idea algo romántica de se tornar oficial da mariña, seguindo as pisadas do pai. En 1938, aos 17 anos, entrou para a Escola Naval como 1º do seu curso. O 2 de outubro de 1937, iniciou a súa viaxe de instrución a bordo do navío-escola Sagres. Visitou os portos de S. Vicente, Santos, Lobito, Luanda, S. Tomé e Dakar, chegando a Lisboa ao final de febreiro de 1938. O contacto coa inmensidade do océano, a azáfama da vida a bordo e o movemento e mudanza constantes agradaron ao mozo Sena, mais nin todo correu ben. Segundo o relato dun antigo camarada de curso, aquel ano a viaxe de instrución foi excepcional e particularmente dura e esixente en termos de preparación e destreza física, copiando o modelo da mariña alemá. Na parte teórica do curso Sena era brillante, mais en termos atléticos era medíocre e a pesar dos moitos esforzos que fixo non conseguiu satisfacer as elevadas expectativas do comandante do curso, que parecía nutrir un odio de estimación polo cadete contemplativo e intelectual. Ao final da viaxe, foi comunicado a Sena que iría ser proposta a súa exclusión da Mariña por lle faltaren as "necesarias calidades" para oficial. Sena ficou profundamente frustrado e desgostado con este rexeitamento e o seu afastamento definitivo dun modo de vida que tanto arelaba.

Enxeñaría civil, casamento e primeiras obras[editar | editar a fonte]

A pesar da súa inclinación natural para a literatura, Sena frecuenta, en setembro de 1942, o primeiro ciclo do Curso de Oficiais Milicianos, o cal abandona, afrontando graves problemas de saúde. Despois dun ano lectivo en Lisboa, regresa, en 1943, apoiado financeiramente por Ruy Cinatti e José Blanc de Portugal, á Facultade de Enxeñaría da Universidade do Porto (que iniciara en 1940) para frecuentar o curso de Enxeñaría Civil, concluíndoo en 1944. O curso pouco o entusiasmou, mais durante todo ese tempo escribiu bastantes poemas, artigos, ensaios e cartas. Desde os 16 anos que escribía e en 1940, co pseudónimo de Teles de Abreu, publicou os seus primeiros poemas na revista Cadernos de Poesía, dirixida por Cinatti, Blanc de Portugal e Tomás Kim. En 1942, publica o seu primeiro libro de poemas, Perseguição, que non impressiona moito o seu amigo e crítico João Gaspar Simões. Adolfo Parellas Monteiro considérao un libro revelador mais difícil.

En 1947, Sena inicia a súa carreira de enxeñeiro, que durou 14 anos. Traballou como enxeñeiro civil no Concello de Lisboa, na Dirección-Xeral dos Servizos de Urbanización e na Xunta Autónoma das Estradas (JAE), onde permanecerá até ao seu exilio para o Brasil en 1959.

En 1940, no Porto, Jorge de Sena coñece e tórnase amigo de Maria Mécia de Freitas Lopes (irmá do crítico e historiador literario Óscar Lopes), comezando a namorar en 1944 e casando en 1949. Jorge de Sena e Mécia de Sena tiveron nove fillos. Mécia, a súa incansável compañeira e enérxica colaboradora, apoiando o escritor nas moitas crises que lle xurdiron ao longo dunha vida por veces atribulada.

Traballaba incansabelmente, para sustentar a crecente familia. Alén do seu absorvente traballo diúrno na JAE (que lle posibilitou viaxar e coñecer o Portugal profundo), Sena tamén se dedicaba á dirección literaria en editoras, á tradución e revisión de textos, ocupacións que lle roubaban un precioso tempo para a investigación literaria e a para a súa obra. A banalidade e a pequenez do cotián no Portugal de Salazar das décadas de 1940 e 1950 atorméntano, ben así como a mediocridade, a mesquñez e a intriga dos medios literarios, a opresión política, a censura literaria, resultando nun ambiente de traballo sufocante e absolutamente frustrante, mais que non deixan de o inspirar para o poema É tarde, muito tarde na noite…

Durante eses anos publica varias obras: O Dogma da Trindade Poética – Rimbaud (1942), Coroa da Terra, poesía (1946), Páginas de Doutrina Estética de Fernando Pessoa (organización), 1946, Florbela Espanca (1947), Pedra Filosofal poesía (1950), A Poesia de Camões (1951), etc. Colabora na revista Mundo Literário[3] (1946-1948) con contos e poesía e tamén como crítico artístico na rúbrica cinema e tamén nas revistas Litoral[4] (1944-1945) e Atlántico.[5]

Exilio no Brasil[editar | editar a fonte]

A súa situación como escritor e cidadán estaba a tornarse insustentábel. Como escritor, non tiña tempo libre para escribir, só o podía facer de modo insuficiente e limitado á noite e aos domingos. Tamén o feito de non pertencer a ningún círculo académico e a falta de apoio institucional frustrava calquera pretensión de poder vir a editar algunha obra máis ambiciosa. Por outro lado, a súa participación nunha tentativa revolucionaria abortada o 12 de marzo de 1959, colocouno en posición de prisión inminente, no caso moi probábel dalgún dos conspiradores prendidos pola PIDE denunciar os que aínda se encontraban libres.

En agosto de 1959, viaxou até ao Brasil, convidado pola Universidade da Bahia e polo Goberno Brasileiro a participar no IV Colóquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros. Sendo convidado como catedrático contratado de Teoría da Literatura, en Assis, no Estado de S. Paulo, aproveitou esa oportunidade e aceptou o lugar, iniciando así o seu longo exilio. Fai amizade co poeta Jaime Montestrela, que dedicou o seu libro Cidade de lama. Por motivos profesionais, tivo que adoptar a cidadanía brasileira.

Non foi, con todo, un exilio liberador. Sentía saudades da patria, a pesar do rancor perenne que nutría pola pequenez, mesquiñez e falta de recoñecemento nacionais que o atormentarían até ao final da vida.

En 1961, Jorge de Sena foi ensinar Literatura Portuguesa na Facultade de Filosofía, Ciencias e Letras de Araraquara. En 1964, despois de vencer algúns prexuízos académicos polo feito de ser licenciado en Enxeñaría, Jorge de Sena defendeu a súa tese de doutoramento en Letras (Os Sonetos de Camões e o Soneto Quinhentista Peninsular), obtendo os títulos académicos "con distinción e loanza".

O período de seis anos que pasou no Brasil foi moi produtivo. Finalmente, tiña toda a dispoñibilidade para se dedicar á súa obra coa debida profundidade e profissionalismo. Poesía, teatro, ficción, ensaísmo e investigación. Parte da novela Sinais de Fogo e a totalidade dos contos Novas Andanças do Demónio foron escritos neste período.

A degradação da situación política no Brasil, coa instalación dunha ditadura militar a partir de marzo de 1964, fixo que Jorge de Sena, máis do que nunca aveso a prepotencias, aceptase un convite para ensinar Literatura de Lingua Portuguesa na Universidade de Wisconsin,[6] para partir para os Estados Unidos en outubro de 1965. En 1967 foi nomeado catedrático do Departamento de Español e Portugués da referida universidade.

De 1970 até 1978 foi catedrático efectivo de Literatura Comparada na Universidade da California, en Santa Barbara. A pesar da satisfacción de ensinar e da amizade que os alumnos lle dedicaban, Sena non foi feliz. Queixábase da "medoña soidade intelectual da América" onde non había "convivio intelectual algún" e da esterilidade e espírito burguês do medio académico, que non se interesaba pola súa obra.

Cando se deu o Revolución de 25 de Abril de 1974 Jorge de Sena ficou entusiasmado e quería regresar definitivamente a Portugal, ansioso de dar a súa colaboración para a construción da democracia. Sena visitou Portugal, con todo, ningunha universidade ou institución cultural portuguesa se dignou convidar o escritor para calquera cargo que fose, feito que moito o desilusionou e amargou, decidindo continuar a vivir nos Estados Unidos, onde tiña a súa carreira estabelecida.

Jorge de Sena morreu o 4 de xuño de 1978, aos 58 anos, de cancro.

En 1978, o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dando o seu nome a unha rúa na zona da Quinta de Santa Clara, na Ameixoeira.

O 11 de setembro de 2009, os seus restos mortais foron trasladados de Santa Barbara, California, para o Talhão dos Artistas do Cemiterio dos Praceres, en Lisboa, despois dunha cerimonia de homenaxe na Basílica da Estrela, coa presenza de familiares, amigos e entidades oficiais.[7]

"Pensador que sente e sentidor que pensa" (Eugénio Lisboa), os seus poemas parte xeralmente dun obxecto para fixar unha meditación sobre o "eu" e o seu lugar no mundo.[8]

Obra[editar | editar a fonte]

Foi un dos máis influentes intelectuais portugueses do século XX, con vasta obra de ficción, drama, ensaio e poesía, alén de importante epistolografia con figuras tutelares da literatura portuguesa e brasileira. A súa obra de ficción máis famosa é a novela autobiográfica Sinais de Fogo, adaptada ao cinema en 1995 por Luís Filipe Rocha. gran parte da súa obra foi publicada postumamente polos coidados da viúva, Mécia de Sena.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Perseguição (1942)
  • Coroa da Terra (1946)
  • Pedra Filosofal (1950)
  • As Evidências (1955)
  • Fidelidade (1958)
  • Poesia-I (Perseguição, Coroa da Terra, Pedra Filosofal, As Evidências, e o inédito Post-Scriptum) (1961; 3.ª ed., 1988)
  • Metamorfoses, seguidas de Quatro Sonetos a Afrodite Anadiómena (1963)
  • Arte de Música (1968)
  • Peregrinatio ad Loca Infecta (1969)
  • 90 e Mais Quatro Poemas de Constantino Cavafy (1970; 3.ª ed., 2003)
  • Poesia de 26 Séculos: De Arquíloco a Nietzsche (1971-72; 3.ª ed., 2001)
  • Exorcismos (1972)
  • Trinta Anos de Poesia (antoloxía, 1972; 2.ª ed., 1984)
  • Camões Dirige-se aos Seus Contemporâneos e Outros Textos (1973);
  • Conheço o Sal e Outros Poemas (1974)
  • Sobre Esta Praia... Oito Meditações à beira do Pacífico (1977)
  • Poesia-II (Fidelidade, Metamorfoses, Arte de Música) (1978; 2.ª ed., 1988)
  • Poesia-III (Peregrinatio ad Loca Infecta, Exorcismos, Camões Dirige-se aos Seus Contemporâneos, Conheço o Sal... e Outros Poemas, Sobre Esta Praia...) (1978; 2.ª ed., 1989)
  • Poesia do Século XX: De Thomas Hardy a C. V. Cattaneo (1978; 3.ª ed., 2003);
  • Quarenta Anos de Servidão (1979, póstumo)
  • 80 Poemas de Emily Dickinson (1979)
  • Dedicácias (1980, póstumo)
  • Sequências (1980, póstumo)
  • Visão Perpétua (1982, póstumo)
  • Post-Scriptum I (1985, póstumo)
  • Post-Scriptum II (1985, póstumo)
  • Dedicácias (1999).

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Andanças do Demónio (1960). Contos
  • A Noite que Fora de Natal (1961)
  • Novas Andanças do Demónio (1966). Contos
  • Os Grão-Capitães (1976). Contos
  • O Físico Prodigioso (1977). Novela
  • Antigas e Novas Andanças do Demónio (1978; 6.ª ed., 2000)
  • Sinais de Fogo (1979). Novela póstuma.
  • Génesis (1983). Póstumo
  • Monte Cativo e Outros Projectos de Ficção (1994). Póstumo.
  • A Noite que Fora de Natal / Uma Carta do Pai Natal / Os Mortos (2019). Editora Guerra & Paz. Póstumo. Contos.

Drama[editar | editar a fonte]

  • O Indesejado (António, Rei) (1951; 3.ª ed., 1986)
  • Ulisseia Adúltera (1952)
  • O Banquete de Dionísos (1969)
  • Epimeteu ou o Homem Que Pensava Depois (1971)
  • Amparo de Mãe e Mais 5 Peças em 1 Acto (1974)
  • Mater Imperialis: Amparo de Mãe e Mais 5 Peças em 1 Acto seguido de um Apêndice (1990). Póstumo

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • Páginas de Doutrina Estética, de Fernando Pessoa (1946)
  • Florbela Espanca ou a Expressão do Feminino na Poesia Portuguesa (1947)
  • Líricas Portuguesas: 3ª Série (1958)
  • Da Poesia Portuguesa (1959)
  • O Poeta é um Fingidor (1961)
  • O Reino da Estupidez (1961)
  • A Literatura Inglesa: Ensaio de Interpretação e de História (1963)
  • Teixeira de Pascoaes: Poesia (1965)
  • Uma Canção de Camões (1966)
  • Estudos de História e de Cultura (1967)
  • Os Sonetos de Camões e o Soneto Quinhentista Peninsular (1969)
  • A Estrutura de Os Lusíadas e Outros Estudos Camonianos e de Poesia Peninsular do Século XVI (1970)
  • Maquiavel e Outros Estudos (1973)
  • Dialécticas da Literatura (1973)
  • Francisco de la Torre e D. João de Almeida (1974)
  • Poemas Ingleses, de Fernando Pessoa (1974)
  • Régio, Casais, a presença e Outros Afins (1977);
  • Dialécticas Aplicadas da Literatura (1978)
  • O Reino da Estupidez-II (1978)
  • Trinta Anos de Camões, 1948-1978 (Estudos Camonianos e Correlatos) (1980)
  • Estudos de Literatura Portuguesa-I (1982);
  • Fernando Pessoa & Cia. Heterónima (Estudos Coligidos 1940-1978) (1982).
  • Estudos sobre o Vocabulário de Os Lusíadas: Com Notas sobre o Humanismo e o Exoterismo de Camões (1982
  • Inglaterra Revisitada (Duas Palestras e Seis Cartas de Londres) (1986)
  • Sobre o Romance (Ingleses, Norte-Americanos e Outros) (1986)
  • Estudos de Literatura Portuguesa-II (1988)
  • Estudos de Literatura Portuguesa-III (1988)
  • Estudos de Cultura e Literatura Brasileira (1988)
  • Sobre Cinema (1988)
  • Do Teatro em Portugal (1989)
  • Amor e Outros Verbetes (1992)
  • O Dogma da Trindade Poética (Rimbaud) e Outros Ensaios (1994)
  • Diários (2004)
  • Sobre Literatura e Cultura Britânicas (2005)
  • Poesia e Cultura (2005)

Correspondencias con[editar | editar a fonte]

  • Guilherme de Castilho (1981). INCM
  • Mécia de Sena: Isto Tudo Que Nos Rodeia (Cartas de Amor) (1982). INCM. (Anos de Portugal)
  • José Régio (1986). INCM
  • Vergílio Ferreira (1987). INCM
  • Taborda de Vasconcelos: Correspondência Arquivada (1987). Ed. de autor
  • Eduardo Lourenço (1991). INCM
  • Dante Moreira Leite: Registros de uma convivência intelectual (1996). UNICAMP
  • Sophia de Melo Breyner (2006). Guerra & Paz
  • José-Augusto França (2007). INCM
  • Raul Leal (2010). Guerra & Paz
  • Delfim Santos (2011). Guerra & Paz
  • Ramos Rosa (2012). Guimarães
  • Mécia de Sena (2013). Afrontamento (Anos do Brasil)
  • João Gaspar Simões (2013). Guerra & Paz
  • Correspondência 1959-1978 (2020). Editora Guerra & Paz

Edición de Mécia de Sena en Edicións 70, Lisboa[editar | editar a fonte]

  • Os grão-capitães (contos). Obras de Jorge de Sena
  • Antigas e novas andanças do demónio (contos). Obras de Jorge de Sena, Lisboa
  • O Físico prodigioso (novela). Obras de Jorge de Sena
  • Sinais de fogo (novela). Obras de Jorge de Sena
  • Dialécticas teóricas da literatura (ensaios). Obras de Jorge de Sena
  • Dialécticas aplicadas da literatura (ensaios). Obras de Jorge de Sena
  • 80 poemas de Emily Dickinson (tradución e presentación). Obras de Jorge de Sena
  • Os sonetos de Camões e o soneto quinhentista (ensaio). Obras de Jorge de Sena, 1980.
  • A estrutura de "Os Lusíadas" (ensaios). Obras de Jorge de Sena.
  • Trinta anos de Camões (ensaios). Obras de Jorge de Sena, 1980
  • Fernando Pessoa & C.a Heterónima (ensaios). Obras de Jorge de Sena, 1984

Obras Completas, edición coordinada por Jorge Facenda Lourenço, Ed. Guimarães, Lisboa[editar | editar a fonte]

  • I - Sinais de Fogo, 2009
  • II - O Físico Prodigioso, 2010
  • III - 80 Poemas de Emily Dickinson, 2010
  • IV - Antologia Poética, 2010
  • V - Rever Portugal - Textos Políticos e Afins, 2011
  • VI - América, América, 2011

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1977: Premio Internacional de Poesía Etna-Taormina, polo conxunto da súa obra poética.[9]
  • 1977: Grao de Comendador da Orde do Infante D. Henrique, por servizos prestados á comunidade portuguesa.
  • 1978: Recibiu, postumamente, a Grã-Cruz da Orde Militar de Sant'Iago da Espada de Portugal.[10]
  • 1980: Foi inaugurado o Jorge de Sena Center for Portuguese Studies, na Universidade da California, en Santa Bárbara.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jorge de Sena - Portugal/Brasil - Poesia Iberoamericana - www.antoniomiranda.com.br". www.antoniomiranda.com.br. Consultado o 2020-06-27. 
  2. "Jorge de Sena". /cvc.instituto-camoes.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2014. 
  3. "Mundo Literário" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  4. "Mundo Literário" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt/. 
  5. "Atlántico" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  6. "Jorge De Sena. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-27. 
  7. Parte da información biográfica collida a partir de Jorge de Sena por Eugénio Lisboa, Editorial Presença, Lisboa, s/d.
  8. Infopédia. "Jorge de Sena - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-27. 
  9. "Jorge de Sena > Poemas del Alma". www.poemas-del-alma.com (en castelán). Consultado o 2020-06-27. 
  10. "ENTIDADES ESTRANGEIRAS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-06-27. 
  11. "Jorge de Sena Center". worldcat.org/identities (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020.